Skip to main content
Axenda Caducada

Cohempo organiza un foro profesional este sábado

Por 22 Novembro, 2021Novembro 27th, 2021Sin comentarios

Cohempo, a asociación de comerciantes, hostaleiros e empresarios das Pontes organiza este sábado, 27 de novembro, o primeiro Foro Profesional Cohempo As Pontes 2021.

O encontro está dirixido principalmente aos socios pero poderá participar todo o público que o desexe e contará coas ponencias de diversos profesionais en distintos sectores do comercio, da hostalería e tamén do mundo empresarial.

Está prevista a intervención de tres personalidades destacadas, unha delas Cristina Cerqueiras, influencer de moda e CEO da empresa The Desire Shop en Boiro.

Outro dos ponentes será Juan José Delgado, CDO de Estrella Galicia dende o ano 2017. Os últimos en intervir serán Álvaro Victoriano e Rubén García, os fundadores do Grupo Peculiar, que contan con tres restaurantes de éxito na cidade da Coruña en só catro anos.

O foro está previsto a partir das 17.00 horas no Cine Alovie e nel cumpriranse todas as normas para evitar posibles contaxios de covid-19, polo que será obrigatorio o uso da mascarilla.