
A asociación de apicultores Serra da Carba de Vilalba organiza este domingo unha nova xornada sobre apicultura, que
acada súa terceira edición.
Esta sesión terá lugar pola mañá dividida en dúas sesións que se desenvovlerán na escola da Pedragosa, en San Simón. Ás 10.30 horas haberá unha cata de meles locais e ás 11.30 horas Marcos Varela dará unha charla sobre sanidade apícola.