Skip to main content
A FonsagradaAxenda Caducada

Achégase o Nadal e con el o XII Certame de Postais do Nadal da Fonsagrada

Por 9 Novembro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Achégase o Nadal e con el o XII Certame de Postais do Nadal, este ano en colaboración co IES Plurilingüe Fontem Albei.
Coa postal seleccionada o Concello da Fonsagrada felicitará  a todas as veciñas e os veciños.

Poderán participar todos os rapaces que estén matriculados no IES Plurilingüe Fontem Albei as postais estarán relacionadas con motivos do Nadal e A Fonsagrada e quedarán excluídos os traballos cuxo contido poida causar rexeitamento social.

Cada participante só poderá presentar unha obra orixinal e inédita e a técnica a empregar será libre, sempre e cando non leve elementos que sobresaian. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A5.

O prazo de presentación das postais rematará o 1 de decembro de 2021, debendo ser entregadas na Biblioteca Pública Municipal.