Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid segue subindo, aínda que lentamente, debido á ausencia de altas

Por 8 Novembro, 2021Novembro 9th, 2021Sin comentarios

A covid segue co seu lento ascenso de casos debido á falta de altas para compensar os novos contaxios, que seguen a ser moi baixos.

Así, hoxe hai 56 casos activos, 3 máis que onte, cun rexistro de 4 novos positivos e 1 altas. Onte non houbo cambios nos casos activos, con 4 novos contaxios e 4 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.047 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria continúa igual, con 3 persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados pola covid volve baixar ata 10 (1 menos). Na Mariña estaban Riotorto, O Valadouro e Foz; na Terra Chá seguen Castro de Rei e Meira e queda limpo Outeiro de Rei; no centro segue afectado Lugo, e no sur seguen con casos en Monforte, Sarria e Chantada e Carballedo.

A Mariña

  • Por debaixo de 10: Riotorto, Foz e O Valadouro.
  • Ribadeo leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove. Únese Burela.

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei e Meira.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz, A Pastoriza e Abadín. Únese Outeiro de Rei.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Muras, Pol, Rábade, Vilalba e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben un pouco máis, ata 26 (3 máis).
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Baleira e Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Becerreá, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín. Únense Castroverde e Baralla.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte, Carballedo e Chantada.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada. Súmase O Saviñao.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.