Skip to main content
Uncategorized @gl

Autoridades sanitarias volverán ás restricións se a covid segue a aumentar

Por 10 Novembro, 2021Novembro 11th, 2021Sin comentarios

A covid continúa en lento aumento, máis lento que no resto da comunidade autónoma. Así, hoxe hai 68 casos activos, 3 máis que onte, cun rexistro de 7 novos positivos e 4 altas. Onte houbo 9 máis, con 11 novos contaxios e ningunha alta.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.063 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria aumenta a 3 persoas ingresadas (1 máis): queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades non descartan volver incluír limitacións se o aumento dos contaxios continúa, aínda que estudarán cales serán os máis eficientes. O conselleiro indicou que aínda non hai risco.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados pola covid estáncase en 10 coa incorporación de Baleira. Están afectados polo tanto  O Valadouro,Foz e Ribadeo na Mariña; na Terra Chá seguen Castro de Rei, Meira e Vilalba; no centro segue afectado Lugo e únese Baleira, e no sur seguen con casos en Sarria e Carballedo.

A Mariña

  • Por debaixo de 10: Foz, O Valadouro e Ribadeo.
  • Riotorto leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove.

Terra Chá

  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei, Meira e Vilalba.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Abadín e Outeiro de Rei.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Guitiriz, Muras, Pol, Rábade e Xermade. Únese A Pastoriza.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen subindo. Xa son 31 (1 máis).
  • Baleira volve ter algún caso.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Monforte e Chantada.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada. Súmase O Saviñao.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.