Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia acelera o ritmo de contaxio e sobe do centenar de casos

Por 13 Novembro, 2021Novembro 15th, 2021Sin comentarios

A provincia supera o centenerar de casos nunha nova xornada que fala de aumento de contaxios dobrando cifras dun día para outro. Así, hoxe hai 101 casos activos, 16 máis que onte, cun rexistro de 19 novos positivos e 2 altas. Onte houbo 13 máis, con 14 novos contaxios e 2 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.105 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria continúa en 3 persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades non descartan volver incluír limitacións se o aumento dos contaxios continúa, aínda que estudarán cales serán os máis eficientes. O conselleiro indicou que aínda non hai risco.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados dá un salto sumando 4 máis ata 19. Na Mariá estaban afectados O Valadouro, Foz, Ribadeo e Burela e únense O Vicedo, Viveiro e Barreiros; na Terra Chá a Meira, Vilalba, Pol, Outeiro de Rei e Guitiriz súmase Friol. Sen cambios no centro e sur con Lugo, Baleira, O Corgo, Sarria, Carballedo e Chantada con positivos.

A Mariña

  • O Vicedo, Barreiros e Viveiro volven ter casos.
  • Por debaixo de 10: Foz, O Valadouro, Ribadeo e Burela.
  • Riotorto leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada e Xove.

Terra Chá

  • Friol volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Vilalba, Pol, Guitiriz e Outeiro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castro de Rei.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Begonte, Cospeito, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen subindo. Xa son 54 (13 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: Baleira e O Corgo.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín. Únese Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo e Chantada.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Monforte.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.