Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumento brusco de casos de covid na provincia

Por 17 Novembro, 2021Novembro 18th, 2021Sin comentarios

A covid volve recuperar a senda do crecemento e, debido á ausencia de altas, continúa sumando casos activos. Así, hoxe hai 153 casos activos, 19 máis que onte, cun rexistro de 26 novos positivos e 6 altas. Onte houbo 10 máis, con 14 novos contaxios e 1 alta.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.168 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria continúa en 3 persoas ingresadas: queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades non descartan volver incluír limitacións se o aumento dos contaxios continúa, aínda que estudarán cales serán os máis eficientes. O conselleiro indicou que aínda non hai risco.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados pola convid segue sendo de 20, os mesmos que onte. Na Mariña son Foz, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Viveiro e Barreiros e queda limpo O Valadouro e na Terra Chá: Meira, Vilalba, Pol, Outeiro de Rei, Guitiriz e Friol. No centro, con Lugo seguen O Corgo, Baleira e Palas e súmase As Nogais, e no sur Sarria, Chantada e Folgoso do Courel.

A Mariña

  • Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Burela, O Vicedo, Barreiros e Viveiro.
  • O Valadouro leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Trabada e Xove. Únese Riotorto.

Terra Chá

  • Begonte volve ter casos
  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Vilalba, Pol, Guitiriz, Outeiro de Rei e Friol.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Castro de Rei.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Cospeito, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo seguen subindo. Xa son 81 (10 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas e As Nogais.
  • Baleira leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Por debaixo de 10 contaxios: Chantada e Folgoso do Courel.
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Carballedo.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Monforte, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.