Skip to main content
Uncategorized @gl

A UCI queda baleira pero seis concellos máis certifican novos casos de covid

Por 20 Novembro, 2021Novembro 21st, 2021Sin comentarios

A covid continúa o seu crecemento a un ritmo de preto de 30 casos novos diarios e destaca como noticia da xornada que as UCI na provincia quedaron baleiras de casos.

Hoxe hai 224 casos activos, 24 máis que onte, cun rexistro de 27 novos positivos e 4 altas. Onte houbo 30 máis, con 37 novos contaxios e 5 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.251 casos rexistrados e 255 persoas falecidas, 38 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria mantense con dúas persoas ingresadas na planta do Hula pero coas UCI baleiras por primeira vez dende hai meses.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións. As autoridades estudan volver incluír limitacións debido ao crecemento dos casos.

POR COMARCAS

Segue a aumentar de forma sustancial os concellos que teñen casos de covid. Nas últimas 24 horas sumáronse 6, dous na Mariña, dous en Sarria e 2 en Ribeira Sacra. Deste modo, a covid esténdese claramente xa pola provincia deixando a 27 deles afectados con Vilalba, Outeiro de Rei e Lugo por riba dos 10 casos.

A Mariña

  • Xove e Mondoñedo volven ter casos.
  • Por debaixo de 10: Foz, Ribadeo, Burela, Viveiro e Alfoz.
  • O Valadouro leva unha semana sen casos. Incorpóranse O Vicedo e Barreiros.
  • Máis de quince días limpos: A Pontenova, Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba chega aos 10 casos.
  • Outeiro de Rei mantén os 12 contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Meira, Guitiriz, Begonte, Friol e Castro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, A Pastoriza, As Pontes, Cospeito, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Paradela e o Páramo volven ter casos.
  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo superan o centenar. Xa son 106 (10 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Palas e As Nogais e Antas.
  • Baleira leva unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baralla, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • Volven os casos a Monforte e A Pobra de Brollón.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Chantada, Carballedo e Folgoso do Courel.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.