Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid acelera de novo o seu crecemento

Por 29 Novembro, 2021Novembro 30th, 2021Sin comentarios

A covid recupera o ritmo de crecemento e segue sumando novos positivos coa hospitalización estable.

Hoxe hai 475 casos activos, 27 máis que onte, cun rexistro de 39 novos positivos e 12 altas. Onte houbo 13 máis, con 30 novos contaxios e 16 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.603 casos rexistrados e 255 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense cun ingresado en UCI mentres seguen tres pacientes en planta, todos no Hula.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións. Hoxe entran en vigor as novas restricións que pasan por esixir o certificado covid durante todo o día en restaurantes e nos bares a partir das 21.00 horas e na redución persoas nos grupos.

POR COMARCAS

Tras a pausa da fin de semana volven a crecer os contaxios e a expansión por toda a provincia con especial incidencia nas vilas máis poboadas. Xa son 29 os concellos limpos de virus.

A Mariña

  • Viveiro sobe a 19 casos (1 máis).
  • Ribadeo aumenta 4 enfermos ata 16.
  • Foz mantense en 10 contaxios.
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Xove, O Valadouro, O Vicedo, Barreiros, A Pontenova e Burela.
  • Unha semana sen casos: Mondoñedo.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Vilalba sobe en 15 contaxiados (1 máis).
  • Outeiro de Rei aumenta ata 21 enfermos (4 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, A Pastoriza, Xermade, As Pontes e Pol.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz, Begonte e Meira.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras e Rábade.

Comarca de Sarria

  • Sarria suma 2 casos máis ata 19 contaxios.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Láncara e O Incio.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela e O Páramo
  • Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo volve recuperarse con 201 contaxios (13 máis).
  • As Nogais segue con 12 positivos.
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Portomarín, Castroverde, Guntín e Cervantes.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Palas e Antas. Únese Pedrafita.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • En Chantada soben a 22 contaxios (3 máis).
  • Monforte aumenta a 14 casos (3 máis).
  • O Saviñao chega a 10 enfermos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Sober, Pantón e Ribas de Sil e Taboada.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda e Quiroga.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.