Skip to main content
Axenda Caducada

Amigus Labs organiza un obradoiro para o manexo da árbore de nadal con Arduino

Por 2 decembro, 2021decembro 7th, 2021Sin comentarios

O colectivo Amigus Labs organiza o 7 de decembro un novo obradoiro que leva por título Árbore de nadal con Arduino, para poder controlar as luces navideñas.

Segundo explican, “o sistema actual no que vivimos incentiva un consumo acelerado en practicamente calquera ámbito das nosas vidas. Xa sexa na alimentación, a roupa, xoguetes, os nosos dispositivos electrónicos ou ata nos nosos mobles, a compra, o uso e o refugallo de produtos son procesos vertixinosos”.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro, que está dirixido principalmente a pequenos de entre 7 e 12 anos.

O obradoiro, que se impartirá de 10:00 a 13:00 horas, é gratuíto e as inscricións formalizaranse por orde de rexistro.