Skip to main content
Axenda Caducada

Cruz Vermella convoca a tradicional andaina solidaria para o 19

Por 14 Decembro, 2021Decembro 19th, 2021Sin comentarios

O domingo día 19 de decembro celebrarase unha nova edición da Andaina Solidaria de Cruz Vermella Vilalba, que chega á súa cuarta edición.

Esta proba desenvolverase ao longo de 3 kms dentro do centro urbano de Vilalba. A saída e chegada a meta situarase na praza de Santa María ás 12 da mañá, onde poden recollerse os dorsais a partir das 11 horas.

Para poder participar será necesario realizar a inscrición previa nos números de teléfono 982 511 303 ou 620 218 127, antes do venres día 17 de decembro ás 15 horas. A inscrición será gratuíta.

Na liña de saída, situarase unha urna para a a recadación de donativos que irán destinados integramente á compra de xoguetes novos. Os beneficiarios serán nenos e nenas de 0 a 11 anos pertencentes aos concellos de Abadín, Xermade, Cospeito, Castro de Rei e Vilalba.

A andaina estará aberta á participación de todos os públicos e, sobre todo, a familias que veñan acompañadas dos máis pequenos da casa con bicicletas, patinetes ou simplemente andando.

O prazo de solicitude das axudas para xoguetes estará aberto ata o próximo día 21 de decembro. Deberanse concertar unha cita para a información e entrega da documentación necesaria.