Skip to main content
Axenda Caducada

O Lago DVSport organiza un campus de nadal en xaneiro

Por 22 Decembro, 2021Xaneiro 5th, 2022Sin comentarios

O club deportivo das Pontes Lago DVSport organiza este ano de novo o seu Campus de Nadal de Tecnificación de Futsal e Multideporte, que chega á terceira edición e que terá lugar os días 3, 4 e 5 de xaneiro.

Este terá lugar en horario de 10.00 a 18.00 horas e haberá diversión, aprendizaxe, compañerismo, deportividade, etc, ademais de visitas de xogadores e adestradore profesionais, xogos, moitos deportes e sobre todo moito futsal con xantar incluído.

O campus está dirixido a nenos nacidos entre o 2008 e o 2015 (6-12 anos) e os participantes recibirán dúas equipacións e para os xogadores do Lago DVSport haberá desconto.

As persoas interesadas terán de prazo ata o 23 de decembro para anotarse a través do teléfono 679 371 472 ou no correo lagodvsport@gmail.com.

Este campus está organziado en colaboración con Olympo As Pontes, CR Fendetestas, Padel Eume e As Pontes Club de Tenis