A Deputación executou as obras de ampliación da estrada que une Doiras e O Piornedo en Cervantes

LugoXa
La Diputación de Lugo ejecutó las obras de ampliación de la carretera que une Doiras y O Piornedo en Cervantes.
ampliacion estrada doiras piornedo cervantes3
ampliacion estrada doiras piornedo cervantes3
20 dic 2021

A Deputación de Lugo executou as obras de mellora da estrada LU-P-1401, que une Doiras e O Piornedo, no concello de Cervantes, un proxecto ao que a institución dedicou un investimento de case 156.000€ e que consistiu na ampliación da plataforma en oito puntos da vía para eliminar e mellorar as curvas máis cerradas entre os quilómetros 12,060 e 19,100, o que aumentará a comodidade e a seguridade dos usuarios.

Os traballos executáronse en concreto nos puntos quilométricos 12,060; 13,150; 13,700; 16,700; 17,100; 17,800; 17,950 e 19,100. Incluíron movementos de terras contidos e localizados para ampliar a plataforma existente, drenaxe, e afirmado e pavimentación con aglomerado en quente.

Trátase dunha estrada que discorre na súa totalidade pola Reserva da Biosfera dos Ancares, polo que a Deputación buscou realizar unha actuación cun impacto ambiental mínimo, descartando calquera actuación que implique grandes movementos de terras o cambios na configuración da paisaxe.

A mellora da mobilidade é unhas das prioridades marcadas polo Presidente no Orzamento da Deputación para este ano 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16M€. Unhas estradas en boas condicións, subliña Tomé Roca, son necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer a igualdade de oportunidades e o reequilibrio territorial.