O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba inicia o sábado o programa de Nadal

TerraChaXa
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba conta este nadal cunha serie de concertos que darán comezo o día 18.
nadal centro cultural recreativo vilalba portada
nadal centro cultural recreativo vilalba portada
13 dic 2021

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba conta este nadal cunha serie de concertos que darán comezo o día 18 con entrada de balde co obxectivo de conmemorar os 40 anos da inauguración do edificio, localizado ao carón da casa da casa consistorial.

O primeiro terá lugar este sábado, 18 de decembro, ás 22.30 horas, e estará a cargo do grupo rock vasco Yao! Continuará o programa o 23 co sorteo dunha cesta de Nadal con caviar galego, roscón de Vilalba e queixo de San Simón. Cita que será ás 20.30 horas.

A Esmuvi (Escola de Música de Vilalba) subirá ao escenario o día 29, ás 20.00 horas, para ofrecer un recital inspirado nestas datas.

Completarase a programación cunha festa infantil, o día 30, de 16.00 a 19.00 horas; e outra de fin de ano ás 1.30, amenizada polo dúo Venus e que incluirá cotillón e chocolate con churros.

nadal centro cultural recreativo vilalba