Convocada unha praza de técnico de turismo en Vilalba

TerraChaXa
Concello de Vilalba informa da convocatoria dunha praza de técnico/a de turismo por un período de nove meses con xornada a tempo completo.
mapa callejero turismo
mapa callejero turismo
15 dic 2021

Concello de Vilalba convocou  dunha praza de técnico/a de turismo por un período de nove meses con xornada a tempo completo. A convocatoria desta praza está vinculada ao Plan Único da Deputación de Lugo, baixo o seu Programa de Fomento do Emprego 2021.

As solicitudes para cubrir esta praza deberán de presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vilalba ou nos lugares previstos a tal fin. Ditas solicitudes presentaranse nun prazo de 5 días naturais dende o día seguinte ao da súa publicación no BOP, é dicir, ata o luns 20 de decembro de 2021. 

A praza está adscrita ao departamento de Turismo e Comercio de Vilalba e adxudicarase por sistema de concurso-oposición libre. Valorarase a experiencia profesional, así como a formación dos candidatos, e realizarase unha fase de oposición con probas de capacidade e aptitudes.

As bases desta convocatoria están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do día de hoxe, 14 de decembro de 2021: https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/14-12-2021_0.pdf#page=25