Skip to main content
GuitirizVilalba

Convocada unha nova edición de Poemas Pendurados de Farolas

Por 21 Decembro, 2021Sin comentarios

A NPG Nova Poesía Guitirica retoma a V edición dos Poemas pendurados de farolas que fora adicado nas catro edicións anteriores á covid, a violencia machista, os lumes e as liberdades básicas. Nesta edición estará dedicado a Rosalía de Castro e se celebrará en febreiro en Vilalba e en xuño en Guitiriz.

Será a poeta galega a que inspirará os poemas que convertirán as rúas nun poemario e as súas farolas en páxinas de poemas para a súa lectura na rúa e que como xa é tradicional serán colocadas en febreiro de 2022. Poesía con temática social e actual, comprometida coa realidade e creativa que cada ano sae á rúa para a súa lectura.

Cada poeta, de calquera idade ou nacionalidade poderá participar con un poema de estilo libre e en idioma galego ou portugués en calquera das súas normativas. Os poemas, de extensión máxima de 16 versos, poderán ser enviados antes do 22 de xaneiro ao correo npggazeta@gmail.com.

En Vilalba, esta actividade formará parte das Xornadas Rosalianas que diversas entidades vilalbesas están a organizar para ese mes. En Guitiriz serán parte tamén do II Festival de poesía Guitirica.