Skip to main content
Uncategorized @gl

Brusco aumento de casos de covid na provincia

Por 1 Decembro, 2021Decembro 2nd, 2021Sin comentarios

A covid dá un gran salto no número de contaxios novos diarios situándose por enriba dos 70 recuperando valores de etapas anteriores e detectando unha importante evolución que repercute novamente nun aumento da hospitalización.

Hoxe hai 548 casos activos, 58 máis que onte, cun rexistro de 73 novos positivos e 14 altas. Onte houbo 15 máis, con 31 novos contaxios e 13 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.704 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria sobe un pouco máis. Continúa un ingresado na UCI de Lugo e 5 pacientes en planta (1 máis), 3 no Hula e 2 na Mariña (1 máis).

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

Tras a pausa da fin de semana volven a crecer os contaxios e a expansión por toda a provincia con especial incidencia nas vilas máis poboadas. Xa son 29 os concellos limpos de virus.

A Mariña

  • Viveiro mantén 17 casos.
  • Ribadeo aumenta 4 enfermos ata 21.
  • Trabada e Lourenzá volven ter casos.
  • Por debaixo de 10: Xove, O Valadouro, Barreiros, A Pontenova, Foz e Burela.
  • Unha semana sen casos: Mondoñedo e Alfoz. Únese O Vicedo.
  • Máis de quince días limpos: Cervo, Ourol e Riotorto.

Terra Chá

  • Vilalba sobe a 23 contaxiados (2 máis).
  • Outeiro de Rei reduce a 19 enfermos (1 menos).
  • A Pastoriza sobe a 11 casos (1 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei e As Pontes.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Begonte e Meira. Únense Xermade e Pol.
  • Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade e Guitiriz.

Comarca de Sarria

  • Sarria continúa con 20 casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: O Incio.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Paradela e O Páramo. Únese Láncara.
  • Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • O crecemento en Lugo mantense con 213 contaxios (10 máis).
  • As Nogais reduce a 10 positivos (2 menos).
  • Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Baralla, Portomarín, Castroverde, Guntín, Cervantes e Navia de Suarna.
  • Ente 1 semana e 15 días sen casos: Palas, Antas e Pedrafita.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Monterroso, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • En Chantada soben a 34 contaxios (10 máis).
  • Monforte aumenta a 22 casos (8 máis).
  • O Saviñao chega a 18 enfermos (6 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Carballedo, Folgoso do Courel, A Pobra de Brollón, Sober, Pantón, Ribas de Sil e Taboada e Quiroga.
  • Máis de quince días limpo: Bóveda.

RESTRICIÓNS

Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.

  • Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
  • As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
  • Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.