A covid continúa rebasando límites cun constante aumento que se reflicte tamén na hospitalización.
Hoxe hai 619 casos activos, 32 máis que onte, cun rexistro de 65 novos positivos e 33 altas. Onte houbo 14 máis, con 50 novos contaxios e 25 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.869 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria continúa en aumento. Hai xa catro ingresados na UCI de Lugo (1 máis) e 8 pacientes en planta (1 máis), 4 no Hula, 2 na Mariña e 2 en Monforte (1 máis).
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
A comarca da Ribeira Sacra continúa cunha importante incidencia da covid en todos os concellos. No resto de comarcas a situación está estable nas zonas menos poboadas mentres nas grandes vilas aumentan os positivos.
A Mariña
- Viveiro reduce a 14 casos (1 menos).
- Ribadeo sobe ata 24 enfermos (3 máis).
- Cervo e Alfoz volven ter algún caso.
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Lourenzá, Foz e Mondoñedo.
- Unha semana sen casos: O Vicedo, Xove, O Valadouro e Barreiros.
- Máis de quince días limpos: Cervo, Ourol e Riotorto.
Terra Chá
- Vilalba sobe a 34 contaxiados (1 máis).
- Outeiro de Rei suma de novo ata 17 enfermos (2 máis).
- A Pastoriza mantén 12 casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei, As Pontes e Xermade.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Meira e Pol.
- Máis de quince días limpos: Abadín, Cospeito, Muras, Rábade e Guitiriz. Únese Begonte.
Comarca de Sarria
- Sarria suma 1 ata 20 casos.
- Paradela volve ter algún enfermo.
- Por debaixo de 10 contaxios: O Incio e Láncara.
- Máis de quince días limpos: Samos e Triacastela. Únese O Páramo.
Centro da provincia
- O crecemento en Lugo continúa avanzando sen freo ata 229 contaxios (10 máis).
- Becerreá volve ter casos.
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Portomarín, Castroverde, Guntín, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Monterroso, Palas, As Nogais e Antas.
- Ente 1 semana e 15 días sen casos: Pedrafita. Únense Cervantes e Baralla.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 11 positivos.
- Chantada: 38 contaxios (1 máis).
- Folgoso do Courel: 13 (3 máis).
- Monforte: 30 casos (3 máis).
- O Saviñao: 23 enfermos (4 máis).
- Taboada: 15 contaxios.
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón, Ribas de Sil e Quiroga.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.