Skip to main content
Axenda Caducada

Leo Bassi actuará no Pastor Díaz o vindeiro sábado 29

Por 18 Xaneiro, 2022Xaneiro 29th, 2022Sin comentarios

O Concello de Viveiro informa aos seus veciños da actuación de Leo Bassi o próximo sábado 29 de xaneiro no Teatro Pastor Díaz. O artista, que presentará o espectáculo “Yo Mussolini”, visitará Viveiro no marco da súa xira por España, actuando tamén noutros puntos de Galicia.

Leo Bassi é un dos grandes “clowns” do mundo do espectáculo, sendo unha gran referencia no mundo circense. No espectáculo que representará en Viveiro, pretende alertar do perigo que implica o avance da extrema dereita.

“A súa obra é un alegato á liberdade, a través da cultura transmite valores e recórdanos estes feitos para non repetir os erros do pasado”, subliña Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

As reservas de entradas realizaranse no teléfono 982560162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es

A entrada terá un custe de 8 euros, con opción reducida a estudantes e pensionistas.