Skip to main content
Axenda Caducada

C@urel Vivo organiza unha xornada para eliminar as mimosas

Por 23 Xaneiro, 2022Febreiro 5th, 2022Sin comentarios

A introdución de especies exóticas invasoras é unha das ameazas máis importante na perda de biodiversidade do Courel e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. Na actualidade no Courel xa hai matas de Mimosas que se non se paran a tempo colonizarán ladeiras enteiras.

Dende C@urel Vivo están a organizar unha xornada para a eliminación de mimosas a todo aquel que desexe colaborar. Para poder participar será preciso inscribirse na páxina web https://forms.gle/cnG3GNv1XP7o7mYP8

A cita terá lugar o próximo 5 de febreiro dende as 9.30 horas.

MIMOSA

Acacia dealbata, é unha especia arbórea que pertence á familia das leguminosas. Trátase dunha árbore que mide entre 10-12 m de altura, perenne, e é usado en xardinaría como especie ornamental. Destaca o seu rápido crecemento malia que non solen durar máis de 30 anos de idade.

A maior parte das variedades son orixinarias de Australia e Tasmania. Noutras partes do mundo comportouse como unha especie invasora. En España, debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameza para as especies autóctonas, os hábitats, os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras regulado polo Real Decreto 630/2013 do 2 de agosto, estando prohibida en España, a excepción de Canarias e Baleares a súa introdución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.