Skip to main content
Axenda CaducadaAxenda RIBEIRASACRAXALourenzá

A ITV agrícola estará no Saviñao en xaneiro e febreiro

Por 13 Xaneiro, 2022Febreiro 2nd, 2022Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello do Saviñao no mes de xaneiro e febreiro.

A unidade prestará servizo nas parroquias de Escairón e Currelos. En Escairón terá lugar dende o 26 ata o 28  de xaneiro no mercado gandeiro, mentres que en Currelos a unidade móbil prestará servizo dende o 31 de xaneiro ata o 2 de febreiro no campo da feira. O horario será dende as 09.00 ás 13.00 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.