Skip to main content
Uncategorized @gl

Espectacular aumento da hospitalización

Por 10 Xaneiro, 2022Xaneiro 11th, 2022Sin comentarios

A covid faise forte nos hospitais da provincia cun espectacular aumento dos casos entre os ingresados. Mentres esta sobe, as estatísticas que ofrece a Xunta no tocante á provincia de Lugo ofrecen bastante confusión dende que comezou a funcionar o novo sistema de rexistro.

Así, hoxe hai 6.620 casos activos, 255 máis que onte, con 273 novos contaxios e 255 altas. Onte os casos subiron en 309, con 365 novos contaxios e 272 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 29.867 casos rexistrados e 265 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria desbórdase. Na UCI do Hula seguen 5 ingresados , mentres en planta son 42 pacientes (11 máis), 26 no de Lugo (8 máis), 8 na Mariña (1 máis) e 8 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

Lugo diminúe en novos contaxios, (34 máis, cando onte foron 53) e tamén suma Burela (22 máis). O resto que soben faino por debaixo de 10.

Muras é o único Concello limpo de covid mentres continúan sendo 8 os municipios por debaixo dos dez contaxiados.

A Mariña

  • Alfoz: 11.
  • A Pontenova: 29 (1 máis).
  • Barreiros: 44 (3 máis).
  • Burela: 321 (22 máis).
  • Cervo: 62 (3 máis).
  • Foz: 104 (1 máis).
  • Lourenzá: 40.
  • Mondoñedo: 37 (3 máis).
  • O Valadouro: 19 (1 máis).
  • O Vicedo: 13 (1 menos).
  • Ourol: 19 (1 máis).
  • Ribadeo: 130 (3 máis).
  • Viveiro: 248 (2 máis).
  • Xove: 36 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 24 contaxios (2 máis).
  • A Pastoriza: 19 (3 menos).
  • As Pontes: 178 (3 menos).
  • Begonte: 51 (1 menos).
  • Castro de Rei: 58 (3 menos).
  • Cospeito: 59.
  • Friol: 34 (1 menos).
  • Guitiriz: 73.
  • Meira: 14 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 75 (2 menos).
  • Pol: 10.
  • Rábade: 37.
  • Vilalba: 205 (12 menos).
  • Xermade: 22.
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 63 enfermos.
  • O Incio: 21.
  • O Páramo: 19.
  • Paradela: 16.
  • Samos: 18 (1 menos).
  • Sarria: 352 (6 máis).
  • Triacastela: 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 58 positivos (3 máis).
  • Antas de Ulla: 13.
  • Baralla: 46.
  • Becerreá: 48 (2 máis).
  • Castroverde 32.
  • Cervantes: 22.
  • Guntín: 43 (4 máis).
  • Lugo: 2.409 (34 máis).
  • Monterroso: 57 (2 máis).
  • Navia de Suarna: 12 (1 máis).
  • O Corgo: 48 (2 menos).
  • Palas de Rei: 41.
  • Pedrafita: 13 (1 máis)
  • Portomarín: 20.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Baleira, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos.
  • Carballedo: 13 (1 máis).
  • Chantada: 130 (5 máis).
  • Folgoso do Courel: 18.
  • Monforte: 388 (8 máis).
  • O Saviñao: 35 (2 máis).
  • Pantón: 45.
  • Quiroga: 42 (1 máis).
  • Sober: 41 (2 máis).
  • Taboada: 27 (3 menos).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Ribas de Sil e Bóveda.

RESTRICIÓNS

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.