Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos superan a barreira dos 7.000 con dúas novas defuncións

Por 11 Xaneiro, 2022Xaneiro 13th, 2022Sin comentarios

A covid segue aumentando coa mirada posta na próxima semana, cando indican os expertos que se producirá o cambio de tendencia.

Así, hoxe hai 7.294 casos activos, 419 máis que onte, con 316 novos contaxios e 154 altas. Onte os casos subiron en 255, con 273 novos contaxios e 255 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 30.442 casos rexistrados e 267 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga. Son dúas máis que onte, dúas mulleres de 83 e 90 anos de idade que faleceron no Hula.

A presión hospitalaria continúa desbordándose. Na UCI do Hula seguen 5 ingresados, mentres en planta son 48 pacientes (6 máis), 29 no de Lugo (3 máis), 9 na Mariña (1 máis) e 10 en Monforte (2 máis).

Segundo explicaron as autoridades sanitarias, a maior parte dos ingresados son persoas que veñen por outra patoloxía e ao facer a proba vese que tamén teñen covid. Ingresados só por covid son nun altísima porcentaxe persoas non vacinadas.

POR COMARCAS

Lugo diminúe en novos contaxios, (20 máis, cando onte foron 34). O resto que soben faino por debaixo de 10 enfermos máis diarios.

Muras é o único Concello limpo de covid e son 7 os municipios por debaixo dos dez contaxiados (1 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 11.
  • A Pontenova: 32 (3 máis).
  • Barreiros: 44.
  • Burela: 320 (1 menos).
  • Cervo: 63 (1 máis).
  • Foz: 102 (2 menos).
  • Lourenzá: 41 (1 máis).
  • Mondoñedo: 37.
  • O Valadouro: 21 (2 máis).
  • O Vicedo: 13.
  • Ourol: 20 (1 máis).
  • Ribadeo: 136 (6 máis).
  • Viveiro: 247 (1 menos).
  • Xove: 41 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 25 contaxios (1 máis).
  • A Pastoriza: 22 (3 máis).
  • As Pontes: 171 (7 menos).
  • Begonte: 52 (1 máis).
  • Castro de Rei: 60 (2 máis).
  • Cospeito: 62 (3 máis).
  • Friol: 35 (1 máis).
  • Guitiriz: 81 (8 máis).
  • Meira: 13 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 79 (4 máis).
  • Pol: 11 (1 máis).
  • Rábade: 38 (1 máis).
  • Vilalba: 209 (4 máis).
  • Xermade: 24 (2 máis).
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 65 enfermos (2 máis).
  • O Incio: 21.
  • O Páramo: 19.
  • Paradela: 16.
  • Samos: 19 (1 máis).
  • Sarria: 360 (8 máis).
  • Triacastela: 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 59 positivos (1 máis).
  • Antas de Ulla: 12 (1 menos).
  • Baralla: 45 (1 menos).
  • Becerreá: 46 (2 menos).
  • Castroverde 33 (1 máis).
  • Cervantes: 22.
  • Guntín: 47 (4 máis).
  • Lugo: 2.429 (20 máis).
  • Monterroso: 59 (2 máis).
  • Navia de Suarna: 10 (2 menos).
  • O Corgo: 49 (1 máis).
  • Palas de Rei: 42 (1 máis).
  • Pedrafita: 14 (1 máis)
  • Portomarín: 20.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Baleira, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 10 enfermos (3 menos).
  • Carballedo: 13 (1 máis).
  • Chantada: 134 (4 máis).
  • Folgoso do Courel: 21 (3 máis).
  • Monforte: 381 (7 menos).
  • O Saviñao: 35.
  • Pantón: 44 (1 menos).
  • Quiroga: 46 (4 máis).
  • Ribas de Sil: 14.
  • Sober: 41.
  • Taboada: 31 (4 máis).
  • Por debaixo de 10 contaxios: Bóveda.

RESTRICIÓNS

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.