Skip to main content
Uncategorized @gl

Os novos contaxios continúan subindo ao igual que a hospitalización

Por 12 Xaneiro, 2022Xaneiro 13th, 2022Sin comentarios

A covid continúa coa súa dinámica de crecemento nesta ocasión aumentando o número de novos contaxios e coa hospitalización tamén en auxe.

Así, hoxe hai 7.919 casos activos, 625 máis que onte, con 410 novos contaxios e 248 altas. Onte os casos subiron en 419, con 316 novos contaxios e 154 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 31.315 casos rexistrados e 267 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria continúa desbordándose. Na UCI do Hula seguen 5 ingresados, mentres en planta son 51 pacientes (3 máis), 32 no de Lugo (3 máis), 10 na Mariña (1 máis) e 9 en Monforte (1 menos).

Segundo explicaron as autoridades sanitarias, a maior parte dos ingresados son persoas que veñen por outra patoloxía e ao facer a proba vese que tamén teñen covid. Ingresados só por covid son nun altísima porcentaxe persoas non vacinadas.

POR COMARCAS

Lugo resta os primeiros contaxios nesta quenda e o resto continúa movéndose por debaixo de 10 casos en positivo ou negativo. O resto que soben faino por debaixo de 10 enfermos máis diarios.

A Muras súmase Bóveda limpo limpo de covid na última semana e son 6 os municipios por debaixo dos dez contaxiados (1 menos).

A Mariña

  • A Pontenova: 35 (3 máis).
  • Barreiros: 46 (2 máis).
  • Burela: 329 (9 máis).
  • Cervo: 68 (5 máis).
  • Foz: 112 (10 máis).
  • Lourenzá: 43 (2 máis).
  • Mondoñedo: 33 (4 máis).
  • O Valadouro: 40 (18 máis).
  • O Vicedo: 14 (1 máis).
  • Ourol: 23 (3 máis).
  • Ribadeo: 142 (6 máis).
  • Viveiro: 257 (10 máis).
  • Xove: 44 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: Riotorto e Trabada. Únese Alfoz.

Terra Chá

  • Abadín: 27 contaxios (2 máis).
  • A Pastoriza: 25 (3 máis).
  • As Pontes: 172 (1 máis).
  • Begonte: 54 (2 máis).
  • Castro de Rei: 61 (1 máis).
  • Cospeito: 60 (2 menos).
  • Friol: 38 (3 máis).
  • Guitiriz: 94 (13 máis).
  • Meira: 16 (3 máis).
  • Outeiro de Rei: 78 (1 menos).
  • Pol: 12 (1 menos).
  • Rábade: 32 (6 menos).
  • Vilalba: 210 (1 máis).
  • Xermade: 22 (2 menos).
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 64 enfermos (1 menos).
  • O Incio: 20 (1 menos).
  • O Páramo: 21 (2 máis).
  • Paradela: 16.
  • Samos: 19.
  • Sarria: 366 (6 máis).
  • Triacastela: 11 (1 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 59 positivos.
  • Antas de Ulla: 12.
  • Baralla: 52 (2 máis).
  • Becerreá: 36 (10 menos).
  • Castroverde 32 (1 menos).
  • Cervantes: 25 (3 máis).
  • Guntín: 46 (1 menos).
  • Lugo: 2.405 (24 menos).
  • Monterroso: 64 (5 máis).
  • Navia de Suarna: 10.
  • O Corgo: 48 (1 menos).
  • Palas de Rei: 38 (4 menos).
  • Pedrafita: 14.
  • Portomarín: 20.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Baleira, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 10 enfermos.
  • Carballedo: 14 (1 máis).
  • Chantada: 142 (8 máis).
  • Folgoso do Courel: 22 (1 máis).
  • Monforte: 354 (27 menos).
  • O Saviñao: 33 (3 menos).
  • Pantón: 43 (1 menos).
  • Quiroga: 45 (1 menos).
  • Ribas de Sil: 14.
  • Sober: 43 (2 máis).
  • Taboada: 29 (2 menos).
  • Sen casos novos na última semana:Bóveda.

RESTRICIÓNS

  • A hostalería terá que pechar ás 00.00 horas todos os días desde a noite do 30 de decembro ao 18 de xaneiro, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 2.00 e as 6.00 horas.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas de positivos asintomáticos serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.