Skip to main content
Uncategorized @gl

O número de altas do novo sistema fan descender os casos activos na provincia malia o aumento de contaxiados

Por 13 Xaneiro, 2022Xaneiro 14th, 2022Sin comentarios

O novo sistema de control do virus do Sergas vén de provocar un importante cambio nas cifras oficiais. A redución das corentenas a 7 días trouxo un espectacular aumento das altas que provocou á súa vez unha caída nos casos activos moi importante malia o aumento de novos contaxios.

Estes son case o dobre que na xornada de onte debido a que o Sergas inclúe nas cifras os resultados positivos nas probas de autodiagnóstico.

Esto sucede a mesma xornada na que se coñecen as novas restricións da covid, que pasan por reducir o toque de non queda ás noites da fin de semana (xoves, venres e sábado).

Así, hoxe hai 6.317 casos activos, 1.602 menos que onte, con 717 novos contaxios e 2403 altas. Onte os casos subiron en 625, con 410 novos contaxios e 248 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 32.116 casos rexistrados e 267 persoas falecidas, dez delas nesta sexta vaga.

A presión hospitalaria cae tamén. Na UCI do Hula baixan a 4 ingresados (1 menos), mentres en planta son 45 pacientes (6 menos), 28 no de Lugo (4 menos), 9 na Mariña (1 menos) e 8 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

A provincia ofrece un panorama moi diferente con crecementos espectaculares en moitas localidades. Lugo encabeza a situación con 549 casos máis, pero lle seguen Sarria (117 contaxios máis), Viveiro (85), Ribadeo (66), Vilalba (69), Burela (61), Monforte (53), As Pontes (47), Guitiriz e Chantada (41), Foz (39). En todos os concellos agás en Sober o resultado fala de aumento, en moita maior medida que nos días precedentes.

Muras volve ser o único concello limpo de covid e por debaixo dos dez enfermos só quedan 3 (As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín).

A Mariña

  • Alfoz: 13.
  • A Pontenova: 50 (15 máis).
  • Barreiros: 56 (7 máis).
  • Burela: 390 (61 máis).
  • Cervo: 90 (22 máis).
  • Foz: 151 (39 máis).
  • Lourenzá: 47 (4 máis).
  • Mondoñedo: 52 (19 máis).
  • O Valadouro: 47 (7 máis).
  • O Vicedo: 11 (3 menos).
  • Ourol: 24 (1 máis).
  • Ribadeo: 208 (66 máis).
  • Riotorto: 11.
  • Trabada: menos de 10.
  • Viveiro: 342 (85 máis).
  • Xove: 63 (19 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 36 contaxios (9 máis).
  • A Pastoriza: 39 (14 máis).
  • As Pontes: 219 (47 máis).
  • Begonte: 55 (1 máis).
  • Castro de Rei: 72 (11 máis).
  • Cospeito: 71 (11 máis).
  • Friol: 45 (7 máis).
  • Guitiriz: 135 (41 máis).
  • Meira: 23 (7 máis).
  • Outeiro de Rei: 86 (8 máis).
  • Pol: 21 (9 máis).
  • Rábade: 39 (7 máis).
  • Vilalba: 279 (69 máis).
  • Xermade: 28 (6 máis).
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 72 enfermos (8 máis).
  • O Incio: 12 (8 máis).
  • O Páramo: 24 (3 máis).
  • Paradela: 22 (6 máis).
  • Samos: 24 (5 máis).
  • Sarria: 483 (117 máis).
  • Triacastela: 13 (2 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 64 positivos (5 máis).
  • Antas de Ulla: 15 (3 máis).
  • Baleira: 12.
  • Baralla: 60 (8 máis).
  • Becerreá: 43 (7 máis).
  • Castroverde 34 (2 máis).
  • Cervantes: 32 (7 máis).
  • Guntín: 48 (2 máis).
  • Lugo: 2.954 (549 máis).
  • Monterroso: 74 (10 máis).
  • Navia de Suarna: 14 (4 máis).
  • O Corgo: 75 (27 máis).
  • Palas de Rei: 41 (3 máis).
  • Pedrafita: 14.
  • Portomarín: 22 (2 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11 enfermos (1 máis).
  • Bóveda: 14.
  • Carballedo: 21 (7 máis).
  • Chantada: 183 (41 máis).
  • Folgoso do Courel: 22.
  • Monforte: 407 (53 máis).
  • O Saviñao: 37 (4 máis).
  • Pantón: 45 (2 máis).
  • Quiroga: 62 (17 máis).
  • Ribas de Sil: 14.
  • Sober: 37 (6 menos).
  • Taboada: 36 (7 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.