Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos activos quedan contidos por debaixo dos 8.000 pero os contaxios seguen altos

Por 16 Xaneiro, 2022Sin comentarios

As altas volven impidir que os casos activos de covid rompan as estatísticas sobre todo porque os contaxios novos seguen estando por riba dos 800, aínda que menos que onte.

Así, hoxe hai 7.547 casos activos, 333 máis que onte, con 848 novos contaxios e 514 altas. Onte os casos subiron 531, con 966 novos contaxios e 435 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 34.746 casos rexistrados e 269 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula volven subir a 6 os ingresados (1 máis), mentres en planta son 57 pacientes (5 máis), 44 no de Lugo (4 máis), 7 na Mariña (2 menos) e 6 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

O crecemento nesta última xornada segue sendo constante. Lugo continúa liderando os aumentos con 168 casos máis. Pero tamén son altos en Chantada (31 contaxios máis), Vilalba (30), Viveiro (26), Sarria (24), Burela (21), Foz e Ribadeo (16), Guitiriz (14) e Friol (13).

Muras segue a ser o único concello limpo de covid e por debaixo dos dez enfermos só quedan 4 (As Nogais, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna).

A Mariña

  • Alfoz: 25 (3 máis).
  • A Pontenova: 57 (2 máis).
  • Barreiros: 67 (5 máis).
  • Burela: 440 (21 máis).
  • Cervo: 133 (11 máis).
  • Foz: 208 (16 máis).
  • Lourenzá: 39 (1 menos).
  • Mondoñedo: 69 (6 máis).
  • O Valadouro: 65 (7 máis).
  • O Vicedo: 13 (2 máis).
  • Ourol: 23 (1 menos).
  • Ribadeo: 283 (16 máis).
  • Riotorto: 11 (1 menos).
  • Trabada: 14 (4 máis).
  • Viveiro: 421 (26 máis).
  • Xove: 82 (1 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 46 contaxios (1 máis).
  • A Pastoriza: 60 (10 máis).
  • As Pontes: 231 (9 máis).
  • Begonte: 63 (1 máis).
  • Castro de Rei: 98 (10 máis).
  • Cospeito: 84 (8 máis).
  • Friol: 54 (13 máis).
  • Guitiriz: 189 (14 máis).
  • Meira: 31 (4 máis).
  • Outeiro de Rei: 97 (12 máis).
  • Pol: 26 (1 máis).
  • Rábade: 43 (4 máis).
  • Vilalba: 372 (30 máis).
  • Xermade: 28 (2 máis).
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 76 enfermos (4 máis).
  • O Incio: 13 (1 menos).
  • O Páramo: 25 (1 máis).
  • Paradela: 25 (1 menos).
  • Samos: 35 (4 máis).
  • Sarria: 532 (24 máis).
  • Triacastela: 21 (2 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 68 positivos (3 máis).
  • Antas de Ulla: 21 (2 máis).
  • Baleira: 13 (1 menos).
  • Baralla: 67 (3 máis).
  • Becerreá: 47 (2 máis).
  • Castroverde 35 (1 máis).
  • Cervantes: 35 (2 máis).
  • Guntín: 47 (4 máis).
  • Lugo: 3.382 (168 máis).
  • Monterroso: 89 (9 máis).
  • O Corgo: 79 (4 máis).
  • Palas de Rei: 47 (1 máis).
  • Pedrafita: 17 (1 máis).
  • Portomarín: 27.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 22 enfermos (6 máis).
  • Bóveda: 22 (3 máis).
  • Carballedo: 31 (3 máis).
  • Chantada: 232 (31 máis).
  • Folgoso do Courel: 21 (2 menos).
  • Monforte: 402 (6 máis).
  • O Saviñao: 39 (1 máis).
  • Pantón: 38 (1 máis).
  • Quiroga: 74 (4 máis).
  • Ribas de Sil: 19 (1 máis).
  • Sober: 31 (2 menos).
  • Taboada: 45 (2 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.