Skip to main content
Uncategorized @gl

Caen os casos activos ao conterse os novos contaxios

Por 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Primeiro respiro en moito tempo que dá a covid aínda que con datos que se toman con cautela ao coincidir en fin de semana. Un elevado número de altas compensa os novos contaxios, que se reducen á metade con respecto a onte.

Así, hoxe hai 7.439 casos activos, 108 menos que onte, con 469 novos contaxios e 577 altas. Onte os casos subiron 333, con 848 novos contaxios e 514 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 35.215 casos rexistrados e 269 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue subindo. Na UCI do Hula son 6 os ingresados, mentres en planta son 62 pacientes (5 máis), 46 no de Lugo (2 máis), 9 na Mariña (2 máis) e 7 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

O crecemento nesta última xornada baixa moito. Son poucos os concellos que superan un crecemento de dez casos e moitos deles incluso baixan os casos. Lugo non chega por exempo a 10 casos, pero si o fan Ribadeo (18), Chantada (17), Cervo (13) e Foz (10).

Muras segue a ser o único concello limpo de covid e por debaixo dos dez enfermos só quedan 4 (As Nogais, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna).

A Mariña

  • Alfoz: 26 (1 máis).
  • A Pontenova: 57.
  • Barreiros: 72 (5 máis).
  • Burela: 446 (6 máis).
  • Cervo: 146 (13 máis).
  • Foz: 218 (10 máis).
  • Lourenzá: 39.
  • Mondoñedo: 73 (4 máis).
  • O Valadouro: 67 (2 máis).
  • O Vicedo: 14 (1 máis).
  • Ourol: 24 (1 máis).
  • Ribadeo: 301 (18 máis).
  • Riotorto: 12 (1 máis).
  • Trabada: 15 (1 máis).
  • Viveiro: 427 (6 máis).
  • Xove: 83 (1 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 45 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 64 (4 máis).
  • As Pontes: 232 (1 máis).
  • Begonte: 61 (2 menos).
  • Castro de Rei: 100 (2 máis).
  • Cospeito: 85 (1 máis).
  • Friol: 54.
  • Guitiriz: 187 (2 menos).
  • Meira: 32 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 98 (1 máis).
  • Pol: 268 (2 máis).
  • Rábade: 41 (2 menos).
  • Vilalba: 380 (8 máis).
  • Xermade: 30 (2 máis).
  • Máis de quince días limpo: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 74 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 12 (1 menos).
  • O Páramo: 24 (1 menos).
  • Paradela: 28 (3 máis).
  • Samos: 33 (2 menos).
  • Sarria: 525 (7 menos).
  • Triacastela: 21.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 66 positivos (2 menos).
  • Antas de Ulla: 21.
  • Baleira: 11 (2 menos).
  • Baralla: 62 (5 menos).
  • Becerreá: 49 (2 máis).
  • Castroverde 32 (3 menos).
  • Cervantes: 32 (3 menos).
  • Guntín: 48 (1 máis).
  • Lugo: 3.390 (8 máis).
  • Monterroso: 91 (2 máis).
  • O Corgo: 87 (8 máis).
  • Palas de Rei: 48 (1 máis).
  • Pedrafita: 17.
  • Portomarín: 28 (1 máis).
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 24 enfermos (2 máis).
  • Bóveda: 20 (2 menos).
  • Carballedo: 31.
  • Chantada: 249 (17 máis).
  • Folgoso do Courel: 23 (2 máis).
  • Monforte: 388 (14 menos).
  • O Saviñao: 38 (1 menos).
  • Pantón: 42 (4 máis).
  • Quiroga: 74.
  • Ribas de Sil: 21 (2 máis).
  • Sober: 31.
  • Taboada: 47 (2 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.