Skip to main content
Uncategorized @gl

Volven aumentar os contaxios pero baixa a hospitalización

Por 19 Xaneiro, 2022Xaneiro 20th, 2022Sin comentarios

A covid non dá tregua e tras varias xornadas de reaxuste, ofrece hoxe un novo aumento, pequeno comparado cos da semana pasada e no que se percibe un crecemento dos novos contaxios pero un descenso dos hospitalizados.

Así, hoxe hai 7.745 casos activos, 188 máis que onte, con 703 novos contaxios e 514 altas. Onte os casos subiron 118, con 481 novos contaxios e 362 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 36.397 casos rexistrados e 269 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae algo máis. Na UCI do Hula son 5 os ingresados (1 menos), mentres en planta son 49 pacientes (4 menos), 36 no de Lugo (1 máis), 9 na Mariña (1 menos) e 4 en Monforte (4 menos).

POR COMARCAS

Aínda que aumentan os contaxios, o movemento de casos debido ás altas tampouco é moi drástico concello a concellos.

Lugo, debido ao seu volume de poboación tampouco ten un cambio grande xa que aumentou 33 casos. Crecemento importante experimentouno O Valadouro, con 29 casos máis, ou Mondoñedo con 15. Destacan tamén os 25 máis de Vilalba.

Muras é o único concello limpo de covid durante quince días e Ribeira de Piquín leva algo máis dunha semana. Por debaixo dos dez enfermos só quedan 2 (As Nogais e Negueira de Muñiz).

A Mariña

  • Alfoz: 31 (4 máis).
  • A Pontenova: 64 (2 máis).
  • Barreiros: 79 (5 máis).
  • Burela: 433 (7 máis).
  • Cervo: 144.
  • Foz: 222 (1 menos).
  • Lourenzá: 42 (2 máis).
  • Mondoñedo: 89 (15 máis).
  • O Valadouro: 98 (29 máis).
  • O Vicedo: 12.
  • Ourol: 20 (3 menos).
  • Ribadeo: 323 (7 menos).
  • Riotorto: 11.
  • Trabada: 13.
  • Viveiro: 403 (17 menos).
  • Xove: 76 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 51 contaxios (4 máis).
  • A Pastoriza: 73 (6 máis).
  • As Pontes: 249 (10 máis).
  • Begonte: 57 (4 menos).
  • Castro de Rei: 111 (5 máis).
  • Cospeito: 92 (5 máis).
  • Friol: 57 (4 máis).
  • Guitiriz: 192 (1 máis).
  • Meira: 37 (5 máis).
  • Muras: Máis de quince días limpo.
  • Outeiro de Rei: 102 (5 máis).
  • Pol: 30.
  • Rábade: 41 (1 máis).
  • Vilalba: 410 (25 máis).
  • Xermade: 27.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 62 enfermos (13 meno).
  • O Incio: 17 (2 máis).
  • O Páramo: 24.
  • Paradela: 36 (4 máis).
  • Samos: 37 (5 máis).
  • Sarria: 509 (3 máis).
  • Triacastela: 24 (1 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 68 positivos.
  • Antas de Ulla: 22.
  • Baleira: 13 (1 máis).
  • Baralla: 69 (1 máis).
  • Becerreá: 44 (1 menos).
  • Castroverde 38 (2 máis).
  • Cervantes: 32.
  • Guntín: 44 (3 menos).
  • Lugo: 3.448 (33 máis).
  • Monterroso: 95 (1 máis).
  • Navia de Suarna: 10.
  • O Corgo: 86 (2 máis).
  • Palas de Rei: 47 (4 máis).
  • Pedrafita: 16 (1 menos).
  • Portomarín: 27 (2 máis).
  • Ribeira de Piquín: Unha semana sen contaxios.
  • Por debaixo dos 10 casos: As Nogais e Negueira de Muñiz.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 32 enfermos (4 máis).
  • Bóveda: 21 (2 máis).
  • Carballedo: 33 (1 menos).
  • Chantada: 258 (2 menos).
  • Folgoso do Courel: 22 (1 menos).
  • Monforte: 383 (3 máis).
  • O Saviñao: 34 (3 menos).
  • Pantón: 36 (3 menos).
  • Quiroga: 78.
  • Ribas de Sil: 22 (1 máis).
  • Sober: 28 (1 menos).
  • Taboada: 44 (1 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.