Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid estabilízase na maior parte dos concellos e os contaxios modéranse

Por 20 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os expertos afirman que esta semana comeza o proceso de estabilización da covid para superar o pico da curva e comezar coa baixada desta sexta vaga. Polo momento os datos da provincia non deixan ver unha baixada pero si unha tendencia clara á contención.

Os contaxios novos seguen redúcense con relación a onte, a hospitalización mantense e contabilízase un novo falecemento.

Así, hoxe hai 7.888 casos activos, 143 máis que onte, con 676 novos contaxios e 531 altas. Onte os casos subiron 188, con 703 novos contaxios e 514 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 37.072 casos rexistrados e 270 persoas falecidas. Trátase dunha máis que onte, un home de 90 anos falecido no Hula.

A presión hospitalaria mantense. Na UCI do Hula son 5 os ingresados, mentres en planta son 49 pacientes, 35 no de Lugo (1 menos), 10 na Mariña (1 máis) e 4 en Monforte.

POR COMARCAS

Deixan de producirse grandes subidas agás na Mariña. Ribadeo rexistra 26 casos máis, Viveiro 24, Cervo 20 e Foz 18. Na Terra Chá a subida máis alta está na Pastoriza, con 10. No resto da provincia, agás Chantada con 16, todo son baixadas ou subidas por debaixo dos 8 casos. Destacan a caída de casos en Lugo, con 55 menos.

Muras é o único concello limpo de covid durante quince días e Ribeira de Piquín volve ter algún caso. Por debaixo dos dez enfermos agora son 3.

A Mariña

  • Alfoz: 31.
  • A Pontenova: 65 (1 máis).
  • Barreiros: 83 (4 máis).
  • Burela: 431 (2 menos).
  • Cervo: 164 (20 máis).
  • Foz: 240 (18 máis).
  • Lourenzá: 41 (2 menos).
  • Mondoñedo: 97 (7 máis).
  • O Valadouro: 98.
  • O Vicedo: 15 (3 máis).
  • Ourol: 20.
  • Ribadeo: 349 (26 máis).
  • Riotorto: 14 (3 máis).
  • Trabada: 13.
  • Viveiro: 427 (24 máis).
  • Xove: 73 (4 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 51 contaxios.
  • A Pastoriza: 83 (10 máis).
  • As Pontes: 250 (1 máis).
  • Begonte: 60 (3 máis).
  • Castro de Rei: 116 (5 máis).
  • Cospeito: 95 (3 máis).
  • Friol: 61 (4 máis).
  • Guitiriz: 199 (8 máis).
  • Meira: 41 (4 máis).
  • Muras: Máis de quince días limpo.
  • Outeiro de Rei: 105 (3 máis).
  • Pol: 30.
  • Rábade: 38 (3 máis).
  • Vilalba: 410.
  • Xermade: 25 (2 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 60 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 22 (5 máis).
  • O Páramo: 26 (2 máis).
  • Paradela: 42 (6 máis).
  • Samos: 43 (6 máis).
  • Sarria: 518 (9 máis).
  • Triacastela: 25 (1 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 66 positivos (2 menos).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 22.
  • Baleira: 16 (3 máis).
  • Baralla: 69.
  • Becerreá: 39 (5 menos).
  • Castroverde 41 (3 máis).
  • Cervantes: 29 (3 menos).
  • Guntín: 46 (2 máis).
  • Lugo: 3.393 (55 menos).
  • Monterroso: 98 (3 máis).
  • Navia de Suarna: 10.
  • Negueira de Muñiz: menos de 10 casos.
  • O Corgo: 89 (3 máis).
  • Palas de Rei: 46 (1 menos).
  • Pedrafita: 18 (2 máis).
  • Portomarín: 27.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 35 enfermos (3 máis).
  • Bóveda: 23 (2 máis).
  • Carballedo: 31 (2 menos).
  • Chantada: 274 (16 máis).
  • Folgoso do Courel: 18 (4 menos).
  • Monforte: 384 (1 máis).
  • O Saviñao: 34 (3 menos).
  • Pantón: 41 (6 máis).
  • Quiroga: 79 (1 máis).
  • Ribas de Sil: 25 (3 máis).
  • Sober: 25 (3 menos).
  • Taboada: 42 (2 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.