Skip to main content
Uncategorized @gl

Estabilízanse os novos contaxios e os casos activos

Por 22 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O elevado número de altas permite á provincia falar de estabilidade e contención nos casos activos, que baixan lixeiramente mentres os novos contaxios seguen tamén estancados por debaixo de 700 diarios.

Así, hoxe hai 8.020 casos activos, 29 menos que onte, con 671 novos contaxios e 698 altas. Onte os casos subiron 161, con 651 novos contaxios e 488 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 38.391 casos rexistrados e 271 persoas falecidas. Trátase dunha máis que onte, unha muller de 99 anos que faleceu na Mariña.

A presión hospitalaria mantense tamén. Na UCI do Hula son 6 os ingresados, mentres en planta son 50 os pacientes (1 menos), 37 no de Lugo (1 menos), 8 na Mariña e 5 en Monforte.

POR COMARCAS

A covid continúa a subir na maior parte dos concellos, algúns deles con porcentaxes moi destacadas.

Así, Lugo suma 90 enfermos, Monforte, Ribadeo e Sarria 28, Vilalba 27, Foz 15, Chantada, Burela e Cervo 11 e A Pontenova 10. O resto seguen por debaixo de dez contaxios novos.

Muras e Negueira de Muñiz están limpos de covid e con menos de dez casos están Ribeira de Piquín e As Nogais.

A Mariña

  • Alfoz: 33 (2 máis).
  • A Pontenova: 82 (10 máis).
  • Barreiros: 90 (1 menos).
  • Burela: 441 (11 menos).
  • Cervo: 184 (11 máis).
  • Foz: 275 (15 máis).
  • Lourenzá: 56 (6 máis).
  • Mondoñedo: 112 (6 máis).
  • O Valadouro: 100.
  • O Vicedo: 20 (1 máis).
  • Ourol: 14 (2 menos).
  • Ribadeo: 401 (28 máis).
  • Riotorto: 13 (3 menos).
  • Trabada: 19 (4 máis).
  • Viveiro: 448 (8 máis).
  • Xove: 84 (5 máis).

Terra Chá

  • Abadín: 56 contaxios (3 máis).
  • A Pastoriza: 92 (9 máis).
  • As Pontes: 262 (5 máis).
  • Begonte: 69 (2 máis).
  • Castro de Rei: 124 (3 máis).
  • Cospeito: 98 (1 menos).
  • Friol: 73 (5 máis).
  • Guitiriz: 199 (7 máis).
  • Meira: 53 (4 máis).
  • Muras: Máis de quince días limpo.
  • Outeiro de Rei: 113 (6 máis).
  • Pol: 29.
  • Rábade: 30 (1 menos).
  • Vilalba: 451 (27 máis).
  • Xermade: 25.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 54 enfermos (11 menos).
  • O Incio: 29 (5 máis).
  • O Páramo: 31 (3 máis).
  • Paradela: 50 (2 máis).
  • Samos: 39 (4 menos).
  • Sarria: 542 (28 máis.
  • Triacastela: 26 (2 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 60 positivos (3 menos).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 22 (2 menos).
  • Baleira: 19 (1 máis).
  • Baralla: 66 (6 menos).
  • Becerreá: 46 (4 máis).
  • Castroverde 52 (7 máis).
  • Cervantes: 27.
  • Guntín: 52 (5 máis).
  • Lugo: 3.536 (90 máis).
  • Monterroso: 96 (2 menos).
  • Navia de Suarna: 12 (1 menos).
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 86 (3 menos).
  • Palas de Rei: 52 (5 máis).
  • Pedrafita: 12 (3 menos).
  • Portomarín: 25 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 43 enfermos (8 máis)
  • Bóveda: 25.
  • Carballedo: 34 (4 máis).
  • Chantada: 305 (11 máis).
  • Folgoso do Courel: 19 (1 máis).
  • Monforte: 395 (28 máis).
  • O Saviñao: 41 (2 máis).
  • Pantón: 40 (2 máis).
  • Quiroga: 85.
  • Ribas de Sil: 26.
  • Sober: 28 (4 máis).
  • Taboada: 41 (1 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.