O elevado número de altas permite á provincia, por segundo día consecutivo, conter o avance do virus e provocar un descenso considerable de casos activos. Axuda tamén que se reducen os novos contaxios.
Así, hoxe hai 7.621 casos activos, 399 menos que onte, con 500 novos contaxios e 899 altas. Onte os casos baixaron en 29, con 671 novos contaxios e 698 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 38.891 casos rexistrados e 271 persoas falecidas.
A presión hospitalaria volve subir. Na UCI do Hula son 6 os ingresados, mentres en planta son 56 os pacientes (6 máis), 41 no de Lugo (4 máis), 8 na Mariña e 7 en Monforte (2 máis).
POR COMARCAS
Poucas subidas bruscas nesta xornada na que xa son moitos os concellos que descenden en número de casos activos. Só Chantada sobe por riba dos 8 casos con 16 novos. Destaca a baixada de Lugo con 69 menos, Burela con 19 e Viveiro e Sarria con 12 menos.
Muras deixa de estar limpo de covid tras moitas semanas e só Negueira de Muñiz está limpo. Con menos de dez casos están Ribeira de Piquín e As Nogais.
A Mariña
- Alfoz: 32 (1 menos).
- A Pontenova: 82.
- Barreiros: 90.
- Burela: 422 (19 menos).
- Cervo: 183 (1 menos).
- Foz: 270 (5 menos).
- Lourenzá: 57 (1 máis).
- Mondoñedo: 112.
- O Valadouro: 102 (2 máis).
- O Vicedo: 23 (3 máis).
- Ourol: 14.
- Ribadeo: 406 (5 máis).
- Riotorto: 15 (2 máis).
- Trabada: 22 (3 máis).
- Viveiro: 436 (12 menos).
- Xove: 81 (3 menos).
Terra Chá
- Abadín: 58 contaxios (2 máis).
- A Pastoriza: 94 (2 máis).
- As Pontes: 258 (4 menos).
- Begonte: 68 (1 menos).
- Castro de Rei: 121 (3 menos).
- Cospeito: 95 (3 menos).
- Friol: 73.
- Guitiriz: 199.
- Meira: 50 (3 menos).
- Muras: Por debaixo de 10.
- Outeiro de Rei: 121 (8 máis).
- Pol: 30 (1 máis).
- Rábade: 28 (2 menos).
- Vilalba: 454 (3 máis).
- Xermade: 27 (2 máis).
Comarca de Sarria
- Láncara: 51 enfermos (1 menos).
- O Incio: 30 (1 máis).
- O Páramo: 31.
- Paradela: 49 (1 menos).
- Samos: 40 (1 máis).
- Sarria: 530 (12 menos).
- Triacastela: 23 (3 menos).
Centro da provincia
- A Fonsagrada: 66 positivos (6 máis).
- As Nogais: menos de 10 casos.
- Antas de Ulla: 21 (1 menos).
- Baleira: 19.
- Baralla: 66.
- Becerreá: 49 (3 máis).
- Castroverde 52.
- Cervantes: 22 (5 menos).
- Guntín: 53 (1 máis).
- Lugo: 3.467 (69 menos).
- Monterroso: 96.
- Navia de Suarna: 12.
- Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
- O Corgo: 80 (6 menos).
- Palas de Rei: 56 (4 máis).
- Pedrafita: 11 (1 menos).
- Portomarín: 24 (1 menos).
- Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.
Ribeira Sacra
- A Pobra do Brollón: 44 enfermos (1 máis)
- Bóveda: 25.
- Carballedo: 37 (3 máis).
- Chantada: 321 (16 máis).
- Folgoso do Courel: 14 (5 menos).
- Monforte: 391 (4 menos).
- O Saviñao: 40 (1 menos).
- Pantón: 46 (6 máis).
- Quiroga: 81 (4 menos).
- Ribas de Sil: 26.
- Sober: 27 (1 menos).
- Taboada: 43 (2 máis).
RESTRICIÓNS
- A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
- Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
- Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
- Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
- Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
- As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
- A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
- Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.