Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia suma catro mortes nunha nova xornada á baixa do virus

Por 25 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O virus perde forza e continúa a baixada de casos activos de forma progresiva impulsada polas altas. Pola contra, catro falecidos ensombrece os datos xerais entre os que figura un novo aumento dos ingresados na UCI.

Así, hoxe hai 6.871 casos activos, 395 menos que onte, con 469 novos contaxios e 862 altas. Onte os casos baixaron en 355, con 446 novos contaxios e 801 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 39.808 casos rexistrados e 275 persoas falecidas. Son catro máis que a xornada pasada, dúas mulleres, de 85 e 95, que faceleron no hospital da Mariña, unha delas procedente da residencia do Valadouro. Tamén morreu outra muller de 99 anos na súa casa de Lugo e un home de 89 en Ribas do Sil.

A presión hospitalaria crece. Na UCI do Hula son 8 os ingresados (1 máis), mentres en planta son 57 os pacientes (3 menos), 42 no de Lugo (4 menos), 9 na Mariña (1 máis) e 6 en Monforte.

POR COMARCAS

Cada vez son máis os concellos en crecemento negativo do virus sen que se rexistrase esta xornada ningún aumento brusco.

Destacan as baixadas de Lugo con 119 menos, Sarria con 28 e Burela e Viveiro con 16 menos.

Só Negueira de Muñiz permanece limpo e con menos de dez casos están Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e As Nogais.

A Mariña

  • Alfoz: 32 (1 máis).
  • A Pontenova: 91 (5 máis).
  • Barreiros: 90 (3 menos).
  • Burela: 382 (16 menos).
  • Cervo: 185 (3 menos).
  • Foz: 279 (10 máis).
  • Lourenzá: 58 (1 menos).
  • Mondoñedo: 105 (4 menos).
  • O Valadouro: 98 (5 menos).
  • O Vicedo: 29 (5 máis).
  • Ourol: 13 (1 menos).
  • Ribadeo: 393 (10 menos).
  • Riotorto: 17 (2 máis).
  • Trabada: 23 (1 máis).
  • Viveiro: 399 (16 menos).
  • Xove: 78 (7 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 52 contaxios (1 menos).
  • A Pastoriza: 94 (4 menos).
  • As Pontes: 248 (5 menos).
  • Begonte: 69 (3 máis).
  • Castro de Rei: 122 (2 menos).
  • Cospeito: 98 (2 máis).
  • Friol: 74.
  • Guitiriz: 193 (6 menos).
  • Meira: 49.
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 124.
  • Pol: 28 (1 menos).
  • Rábade: 26 (2 menos).
  • Vilalba: 454 (1 menos).
  • Xermade: 26 (4 menos).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 50 enfermos (3 menos).
  • O Incio: 36 (4 máis).
  • O Páramo: 37 (4 máis).
  • Paradela: 52 (1 máis).
  • Samos: 41 (1 máis).
  • Sarria: 496 (28 menos).
  • Triacastela: 24 (1 máis).

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 59 positivos (4 menos).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 22.
  • Baleira: 18.
  • Baralla: 82.
  • Becerreá: 50 (2 menos).
  • Castroverde 55 (1 máis).
  • Cervantes: 20.
  • Guntín: 54 (4 máis).
  • Lugo: 3.280 (119 menos).
  • Monterroso: 91 (5 menos).
  • Navia de Suarna: 11 (1 menos).
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 72 (5 menos).
  • Palas de Rei: 63 (4 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Portomarín: 21 (2 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 48 enfermos (3 máis)
  • Bóveda: 29 (1 máis).
  • Carballedo: 39 (1 máis).
  • Chantada: 321 (2 menos).
  • Folgoso do Courel: 12 (2 menos).
  • Monforte: 377 (8 menos).
  • O Saviñao: 42 (3 máis).
  • Pantón: 48 (1 menos).
  • Quiroga: 88 (4 menos).
  • Ribas de Sil: 25 (3 menos).
  • Sober: 25 (1 máis).
  • Taboada: 41 (3 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.