Skip to main content
Uncategorized @gl

Novo aumento de contaxios pero descenso de casos activos

Por 26 Xaneiro, 2022Xaneiro 27th, 2022Sin comentarios

Continúa a baixada de casos activos malia o aumento de novos contaxios que están paliados por un elevadísimo número de altas.

Así, hoxe hai 6.610 casos activos, 261 menos que onte, con 768 novos contaxios e 1.029 altas. Onte os casos baixaron en 395, con 469 novos contaxios e 862 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 40.577 casos rexistrados e 276 persoas falecidas. Son unha máis que a xornada pasada. Trátase dun home de 95 anos ingresado no hospital de Monforte.

A presión hospitalaria baixa entre os graves. Na UCI do Hula son 7 os ingresados (1 menos), mentres en planta son 57 os pacientes, 42 no de Lugo (4 menos), 10 na Mariña (1 máis) e 5 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Nótase unha volta atrás no número de contaxios nos concellos con máis subidas que baixadas pero sen gromos grandes. Destaca o crecemento de Monforte con 22 contaxios máis, Vilalba con 13 e Alfoz con 10. Pola contra, hai baixada importante de novo en Lugo, con 75 menos, Guitiriz con 21, Ribadeo con 13, Burela con 12.

Só Negueira de Muñiz permanece limpo e con menos de dez casos están Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e As Nogais, aos que se suma Ourol.

A Mariña

  • Alfoz: 42 (10 máis).
  • A Pontenova: 94 (3 máis).
  • Barreiros: 92 (2 máis).
  • Burela: 370 (12 menos).
  • Cervo: 183 (2 menos).
  • Foz: 288 (9 máis).
  • Lourenzá: 61 (3 máis).
  • Mondoñedo: 110 (5 máis).
  • O Valadouro: 89 (9 menos).
  • O Vicedo: 33 (4 máis).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 380 (13 menos).
  • Riotorto: 16 (1 menos).
  • Trabada: 22 (1 menos).
  • Viveiro: 399.
  • Xove: 77 (1 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 53 contaxios (1 máis).
  • A Pastoriza: 98 (4 máis).
  • As Pontes: 249 (1 máis).
  • Begonte: 71 (2 máis).
  • Castro de Rei: 120 (2 menos).
  • Cospeito: 90 (8 menos).
  • Friol: 70 (4 menos).
  • Guitiriz: 172 (21 menos).
  • Meira: 48 (1 menos).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 126 (2 máis).
  • Pol: 27 (1 menos).
  • Rábade: 25 (1 menos).
  • Vilalba: 467 (13 máis).
  • Xermade: 31 (5 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 54 enfermos (4 máis).
  • O Incio: 38 (2 máis).
  • O Páramo: 35 (2 menos).
  • Paradela: 54 (2 máis).
  • Samos: 40 (1 menos).
  • Sarria: 487 (9 menos).
  • Triacastela: 24.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 58 positivos (1 menos).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 20 (2 menos).
  • Baleira: 17 (1 menos).
  • Baralla: 73 (9 menos).
  • Becerreá: 55 (5 máis).
  • Castroverde 63 (8 máis).
  • Cervantes: 16 (4 máis).
  • Guntín: 53 (1 menos).
  • Lugo: 3.205 (75 menos).
  • Monterroso: 91.
  • Navia de Suarna: 11.
  • Negueira de Muñiz: Unha semana sen casos.
  • O Corgo: 74 (2 máis).
  • Palas de Rei: 69 (6 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Portomarín: 21.
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 54 enfermos (6 máis)
  • Bóveda: 28 (1 menos).
  • Carballedo: 41 (2 máis).
  • Chantada: 324 (3 máis).
  • Folgoso do Courel: 12.
  • Monforte: 399 (22 máis).
  • O Saviñao: 43 (1 máis).
  • Pantón: 49 (1 máis).
  • Quiroga: 85 (3 máis).
  • Ribas de Sil: 27 (2 máis).
  • Sober: 31 (6 máis).
  • Taboada: 46 (5 máis).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.