Skip to main content
Uncategorized @gl

Rómpese a tendencia á baixa cun novo aumento de casos activos e da hospitalización

Por 27 Xaneiro, 2022Xaneiro 28th, 2022Sin comentarios

A redución das altas, a metade que a xornada anterior, provoca un cambio na tendencia á baixa con máis casos activos e un aumento notable da hospitalizacion.

Así, hoxe hai 6.710 casos activos, 100 máis que onte, con 623 novos contaxios e 521 altas. Onte os casos baixaron en 261, con 768 novos contaxios e 1.029 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 41.199 casos rexistrados e 277 persoas falecidas. Son unha máis que a xornada pasada. Trátase dun home de 89 anos ingresado no hospital de Monforte.

A presión hospitalaria sobe de forma notoria. Na UCI do Hula son 7 os ingresados, mentres en planta son 66 os pacientes (9 máis), 48 no de Lugo (6 máis), 10 na Mariña e 8 en Monforte (3 máis).

POR COMARCAS

Cambios drásticos en algúns concellos. Entre as subidas está Monforte con 24 novos casos, As Pontes con 19 e Cospeito con 10.

E as baixadas están en Lugo con 1o3 menos, Burela con 38 menos, Sarria con 20, Vilalba con 19, Ribadeo con 17, Guitiriz con 14 e O Corgo e Monterroso con 13.

Agora mesmo xa non hai ningún concello limpo de covid e son cinco os que teñen menos de dez casos: Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín, As Nogais, Ourol e Navia de Suarna.

A Mariña

  • Alfoz: 41 (1 menos).
  • A Pontenova: 95 (1 máis).
  • Barreiros: 94 (2 máis).
  • Burela: 332 (38 menos).
  • Cervo: 173 (10 menos).
  • Foz: 286 (2 menos).
  • Lourenzá: 59 (2 menos).
  • Mondoñedo: 116 (56 máis).
  • O Valadouro: 88 (1 menos).
  • O Vicedo: 33.
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 363 (17 menos).
  • Riotorto: 18 (2 máis).
  • Trabada: 20 (2 menos).
  • Viveiro: 392 (7 menos).
  • Xove: 72 (5 menos).

Terra Chá

  • Abadín: 50 contaxios (3 menos).
  • A Pastoriza: 98.
  • As Pontes: 268 (19 máis).
  • Begonte: 67 (4 menos).
  • Castro de Rei: 118 (2 menos).
  • Cospeito: 100 (10 máis).
  • Friol: 66 (4 menos).
  • Guitiriz: 158 (14 menos).
  • Meira: 50 (2 máis).
  • Muras: Por debaixo de 10.
  • Outeiro de Rei: 124 (2 menos).
  • Pol: 25 (2 menos).
  • Rábade: 25.
  • Vilalba: 448 (19 menos).
  • Xermade: 33 (2 máis).

Comarca de Sarria

  • Láncara: 50 enfermos (4 menos).
  • O Incio: 39 (1 máis).
  • O Páramo: 34 (1 menos).
  • Paradela: 53 (1 menos).
  • Samos: 39 (1 menos).
  • Sarria: 467 (20 menos).
  • Triacastela: 24.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 56 positivos (2 menos).
  • As Nogais: menos de 10 casos.
  • Antas de Ulla: 24 (4 máis).
  • Baleira: 15 (2 menos).
  • Baralla: 68 (5 menos).
  • Becerreá: 56 (1 máis).
  • Castroverde 62 (1 menos).
  • Cervantes: 15 (1 menos).
  • Guntín: 59 (6 máis).
  • Lugo: 3.102 (103 menos).
  • Monterroso: 78 (13 menos).
  • Navia de Suarna: Por debaixo de 10.
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 61 (13 menos).
  • Palas de Rei: 71 (2 máis).
  • Pedrafita: 12 (2 máis).
  • Portomarín: 20 (1 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 54 enfermos.
  • Bóveda: 25 (3 menos).
  • Carballedo: 44 (3 máis).
  • Chantada: 324.
  • Folgoso do Courel: 12.
  • Monforte: 423 (24 máis).
  • O Saviñao: 46 (3 máis).
  • Pantón: 54 (5 máis).
  • Quiroga: 78 (7 menos).
  • Ribas de Sil: 33 (6 máis).
  • Sober: 32 (1 máis).
  • Taboada: 45 (1 menos).

RESTRICIÓNS

  • A hostalaría terá que pechar ás 00.00 horas todos os días, agás os venres e os sábados que poderá abrir ata a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir ata as 2.00 horas.
  • Toque de non queda no que non será posible quedar con ningunha persoa entre as 3.00 e as 6.00 horas. Funcionará só as noites dos xoves, vneres e sábados.
  • Prohíbese o consumo en barra e vétanse os eventos musicais masivos.
  • Certificado covid na hostalaría e nas residencias, ximnasios, piscinas e actividades deportivas en instalacións pechadas; actos multitudinarios ou con autorización para a venda e consumo de alimentos.
  • Segue sendo obrigatorio o uso de máscaras en interior e en exterior agás para a práctica deportiva individual e en espazos naturais con distancia de seguridade.
  • As reunións de non convivintes en interiores quedan reducidas a 8 comensais en interior e 10 en exteriores.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).
  • Redución ao 75% dos aforos en competicións profesionais ao exterior e do 50% nos interiores.