Skip to main content
Axenda Caducada

A Moexmu acollerá o concurso autonómico de raza frisona Fefriga 2022

Por 22 Febreiro, 2022Abril 3rd, 2022Sin comentarios

A Comisión organizadora da XXXVIII edición da Mostra Exposición de Muimenta continúa coas súas reunións de traballo, encamiñadas á celebración dunha nova edición da Moexmu.

A data prevista para a seguinte edición será os días 1, 2 e 3 de abril de 2022, acadando a XXXVIII edición da Mostra Exposición de Muimenta, o XXXVI Concurso de Gando Frisón, a XXXVI Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXVI Poxa de Gando Selecto.

A maiores, o Recinto Feiral Manuel Vila López acollerá o XXX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2.022. “Esta cita constitúe un verdadeiro respaldo ás actividades que dende o 1987, ano da celebración do primeiro Concurso de Gando na Mostra Exposición Muimenta, levan a cabo os empresarios de Muimenta, a través das comisión da Moexmuy”, explican dende a organización.

A efectos do concurso autonómico sólo poderán participar animais nacidos en Galicia e propiedade de ganderías galegas. O prazo para apuntar as cabezas de gando remata o vindeiro venres 25 de febreiro, e debe realizarse en Africor Lugo (982 250 714 ou en xerencia@africorlugo.com).

Igualmente, a comisión organizadora da Moexmu consolida o seu programa de actividades para o domingo 3 de abril, a partires das 16:30 horas co IV Campionato de raza Can de Palleiro, no propio Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Dito concurso está reservado para os cans da mencionada raza, inscritos no Libro de Oríxenes da Xunta de Galicia e maiores de tres meses. O mesmo é puntuable para o XVI Monográfico de raza Can de Palleiro 2022.

Para apuntarse, debe dirixirse ao enderezo electrónico: candepalleiro@clubcandepalleiro.com e obter información na súa páxina web (www.clubcandepalleiro.com).

Unha edición máis, Paula Francos Anllo volve ser a autora dos carteis da Moexmu e do Concurso de Gando.

A autora quere darlle vital importancia á unión, á colaboración, aos esforzos de voltar a xuntarse, sendo representada a través da letra M, tanto de Muimenta (con persoas) como de Moexmu (con gando).