O Concello solicita á Deputación de Lugo a mellora da Avenida Filarmónica

LugoXa
El ayuntamiento de Lugo solicita a la Diputación que mejore la Avenida Filarmónica para dar mayor seguridad a los peatones.
alexandre penas avenida filarmonica lugo
alexandre penas avenida filarmonica lugo
18 feb 2022

O concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, vén de solicitar á área de vías e obras da Deputación de Lugo que realice certas intervencións á cidade. A través dunha carta, Alexandre Penas solicitou “unha serie de medidas destinadas a mellorar a seguridade peonil, seguindo na liña de traballo posta en marcha polo Goberno de Lugo e apostando por un tráfico máis calmado na cidade”. O edil de Infraestruturas explicou que “trátase de peticións veciñais que chegan ao Concello, e que non podemos solucionar ao tratarse de vías da Deputación”.

Entre as solicitudes que recibiu a concellería de infraestruturas, destacan múltiples solicitudes para mellorar a seguridade peonil na Avenida Filarmónica Lucense, onde a veciñanza reclama a renovación dos pasos de peóns existentes, converténdoos en pasos de peóns elevados, a mellora dos accesos ás instalacións deportivas da zona ou a renovación do firme da vía ou da capa de rodadura, moi desgastada polo paso do tempo. Ademais, solicítase a creación dun novo paso de peóns elevado nas proximidades da unión desta rúa coa avenida Alfonso X para crear un itinerario máis seguro e accesible na unión co paso elevado da N-VI.

“Temos constatado a necesidade desta actuación encaixando á perfección co traballo realizado ata agora polo Concello de Lugo”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “solicitamos que a área de Vías e Obras da Deputación teña en conta esta solicitude para planificar o traballo futuro”