A entrada do colexio de Paradai está a ser renovada

LugoXa
La entrada del colegio de Paradai de Lugo está sufriendo trabajos de mejora despues de las demandas de los vecinos.
alexandre penas paradai
alexandre penas paradai
19 feb 2022

O concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, informou que a Brigada Municipal de Obras está a realizar estes días unha nova intervención na entrada do colexio de Paradai. “Trátase dunha actuación moi simple que atendemos desde a brigada de obras para mellorar a accesibilidade deste centro, tendo en conta as solicitudes da veciñanza da zona”, explicou Alexandre Penas. O edil de Infraestruturas visitou a zona xunto co concelleiro de Educación, Felipe Rivas

A brigada municipal de vías e obras atendeu durante o ano 2021 un total de 680 reclamacións veciñais. Alexandre Penas destacou que "as reclamacións atendidas proceden na súa maior parte de solicitudes da veciñanza, reparacións pequenas que melloran o día a día das veciñas e veciños de Lugo".

"Esta brigada realiza unha importante labor de reparación nas distintas infraestruturas do concello e no mantemento da cidade", explicou o concelleiro de Infraestruturas. Alexandre Penas lembrou a importancia de que a veciñanza faga chegar as súas necesidades ás distintas áreas do goberno municipal. "As veciñas e veciños de cada zona saben de primeira man as necesidades da súa zona", explicou o concelleiro, que engadiu "moitas veces trátanse de pequenos arranxos, que a brigada municipal de obras trata de resolver no menor tempo posíbel para garantir o bo estado da cidade".