Sarria pon a disposición dos cidadáns o seu proxecto do Plan de Acción polo Clima

SarriaXa
El ayuntamiento de Sarria pone a disposición de los vecinos el proyecto para el Pacto De Acción por el Clima y la Energía Sostenible.
PEACES SARRIA
PEACES SARRIA
2 feb 2022

O 15 de outubro de 2015, a Comisión Europea lanzou o Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable (Covenant of Mayors for Climate & Energy), fusionando as iniciativas anteriores. Esta nova ferramenta pretende reunir os alcaldes das cidades europeas nunha rede permanente de intercambio de información para a aplicación de boas prácticas: mellorar a eficiencia enerxética no ámbito urbano, conseguir unha redución das emisións de CO2 no ámbito territorial local e aumentar a resiliencia fronte ao cambio climático.

O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable, traballando pola súa vez na implantación de medidas de adaptación ao cambio climático e aumento da resiliencia fronte a este, así como un aumento da cooperación coas autoridades locais e rexionais similares na UE e fóra dela para mellorar o acceso á enerxía segura, sustentable e alcanzable.

Para alcanzar estes obxectivos, os municipios adheridos ao Pacto comprométense a redactar un Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), nun prazo máximo de dous anos desde a data de adhesión.

Cumprindo os compromisos adquiridos, o Concello de Sarria licitou e contratou en 2021 unha asistencia técnica para a elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACS) do Concello de Sarria, documento que agora se pon a disposición de tódolos cidadáns interesados.

Resultou adxudicataria do contrato a entidade Flino Ingeniería, S.L., que realizou a prestación no prezo de 8.621,25 €, IVE engadido.

O PROXECTO
O proxecto presenta como obxectivo a mitigación de emisións de CO2 totais do municipio nun 40,3% no ano 2030.

Para realizar o seguimento destes obxectivos e monitorizar a implantación do plan
realizarase un informe de seguimento cada dous anos.

A longo prazo, este proxecto marca como obxectivos maximizar os beneficios da eficiencia enerxética, en particular con edificios de cero emisións, maximizar o despregue das enerxías renovables e o uso da electricidade para descarbonizar completamente o subministro enerxético de Europa, adoptar unha mobilidade limpa, segura e conectada. Ademais, cree preciso unha industria da UE competitiva e a economía circular como facilitadores esenciais ara reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, así como desenvolver unha infraestrutura axeitada de redes intelixentes e interconexións aproveitando tódalas vantaxes da bioeconomía e crear sumidoiros esenciais de carbono. E, por último combater o resto de emisións de CO2 coa captura e almacenamento de carbono.