Os alumnos do Martínez Otero de Foz formaronse en técnicas de supervivencia

Foz
AMariñaXa
Os alumnos do Martínez Otero de Foz formaronse en técnicas de supervivencia unha actividade vital para alumnos e profesorado
1 martinez otero Foz FORMACIoN EN TeCNICAS DE SUPERVIVENCIA
1 martinez otero Foz FORMACIoN EN TeCNICAS DE SUPERVIVENCIA
15 mar 2022

Dentro da programación da materia de Educación Física de secundaria, e relacionado coa cadena de supervivencia, desenvolveuse, na tarde do luns 14 de marzo, no Colexio Martínez Otero, unha actividade que o colexio considera vital, como é a de formar ao alumnado e ao profesorado nas técnicas básicas de supervivencia. 

Grazas a Carmen Pernas, médica especialista en familia e formadora, os nenos de 4°da ESO puideron coñecer, máis polo miúdo, como actuar en casos de perda de coñecemento, atragoamentos ou as maniobras relacionadas coa RCP. A formación combinou sesións teóricas  e prácticas. Nestas últimas, Carmen estivo acompañada tamén por persoal sanitario, Camilo Vázquez, Sara Muíña e Patricia Amigo, que colaborou na explicación. 

As sesións prácticas baseáronse en tres estacións, polas que o alumnado debía ir rotando, onde  se executaba o aprendido nas clases teóricas: ventilacións, masaxes, posicións laterais de  seguridade, uso do DEA etc. 

Ademais grazas a unha campaña impulsada pola ANPA o Colexio Martínez Otero é un centro  cardioprotexido.