O BNG de Foz esixe frear a perda de persoal na oficina da AEAT focega

Foz
AMariñaXa
O BNG de Foz esixe frear a perda de persoal na oficina da AEAT pois dende o ano 2000 houbo unha redución de postos de traballo
concurso recitado poesia manuel maria2
concurso recitado poesia manuel maria2
30 mar 2022

O BNG de Foz esixe frear a perda de persoal na oficina da AEAT pois dende o ano 2000 houbo unha redución de postos de traballo nas administracións.

"Galicia non ten capacidade fiscal e normativa plena, po lo que unha boa parte das actividades tributarias e dos impostos que pagan as galegas e galegos son de xestión estatal e corresponden a Axencia Estatal da Administración Tributaria. Ista Axencia Estatal ten unha oficina en Foz que da servizo a toda a Mariña", din os nacionalistas focegos.

"Dende o ano 2000 sufrimos un recorte de persoal perdéndonse máis de 100 postos de traballo en toda Galicia, o que prexudicou a prestación de servizos. Tamén no noso Concello, cunha reducción de mais do 30% na delegación de Foz", engaden. Dende o BNG cren necesario frear o desmantelamento das oficinas da AEAT en todo o territorio galego, mentres non se avance nas competencias da Axencia Tributaria Galega.

"A preocupación dos traballadores das delegacións é evidente pois trátase dun servizo público que debe dar cobertura ás necesidades de información e xestión da cidadanía no ámbito tributario, que implica unha grande responsabilidade e complexidade para as persoas non expertas que conduce a que cada vez máis galegos e galegas delegan este tipo de tarefas en xestorías", din dende a formación política.

En vísperas de iniciar en abril a campaña do IRPF, "voltaremos a sufrir as eivas dun servizo tamén esencial po lo que solicitamos o apoio do Pleno do Concello de Foz para instar ao goberno central para que a administración da AEAT en Foz recupere, aos traballadores do ano 2000 garantindo a atención presencial ao público para o asesoramento e servizos que presta".

Ademais solicitarán que o Pleno inste a Xunta a trasladadar a súa disconformidade ao goberno central pola drástica redución de postos de traballo que sufriron as administracións da AEAT en Galicia e no entanto a tomar medidas para evitar a discriminación por fenda dixital, por idade e polo lugar de residencia, asumindo, a través da ATRIGA, máis competencias en materia tributaria.