As actividades de hortos escolares comezarán a semana que vén

LugoXa
Los alumnos de sexto de primaria de los colegios de Lugo comenzarán las actividades de huertos escolares la semana que viene.
hortos escolares felipe rivas
hortos escolares felipe rivas
11 mar 2022

Nas vindeiras semanas comezarán as actividades de hortos escolares nos centros de ensino públicos para as e os estudantes de sexto de infantil, organizadas pola Concellería de Educación en colaboración coa Tradescola.

Felipe Rivas explicou que “as actividades utilizarán o traballo no horto como recurso educativo, para tratar todo o que ten que ver co medio natural, o seu coidado e a concienciación ambiental”. Ao mesmo tempo, as actividades pretenden ser unha ferramenta para espallar as tradicións galegas relacionadas co inicio da primavera.

Os centros contarán con 7 sesións de 50 minutos, que se realizarán entre os meses de febreiro e maio. As sesións combinarán actividades no horto e nas aulas, combinando distintas metodoloxías pedagóxicas para acadar os distintos obxectivos do proxecto, como poden ser ampliar o coñecemento das nenas e nenos sobre os diferentes cultivos, así como o aproveitamento dos mesmos, fomentar comportamentos responsables e comprometidos no coidado da natureza ou comprender e interiorizar os procesos de sementar e plantar, así como o desenvolvemento posterior das plantas e os coidados necesarios para o seu desenvolvemento óptimo. As actividades rematarán coa colleita dos cultivos, compartindo o recollido polo grupo, para logo poder consumilo cada un, na súa casa.

As nenas e nenos participantes poderán desenvolver a súa capacidade de observación e investigación no contorno, e coñecerán e usarán novas ferramentas diferentes ás de uso cotián.

Ao mesmo tempo, achegarase aos participantes a coñecer distintas músicas, cantigas, celebracións e tradicións relacionados co ciclo do ano, e permitiráselles coñecer celebracións tradicionais relacionadas coa natureza, como os maios

As actividades potenciarán a iniciativa na realización e participación nas actividades e fomentarán o traballo en grupo.