Preto de 100 nenos participaron nos obradoiros de Semana Santa de Viveiro

AMariñaXa
Viveiro organizou esta Semana Santa xunto a Eureka Actividades uns obradoiros de lecer e creatividade para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos
Viveiro obradoiro semana santa 2022
Viveiro obradoiro semana santa 2022
17 abr 2022

O Concello de Viveiro organizou esta Semana Santa xunto a Eureka Actividades uns obradoiros de lecer e creatividade para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

A iniciativa foi un éxito e contou con preto de 100 nenos e nenas, que coa axuda dos monitores realizaron diferentes actividades.

“Traballaremos para continuar e mellorar este tipo de actividades de lecer e creatividade”, afirma a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

“Recollimos ademais todas as propostas e recomendacións feitas polas familias e as teremos en conta para próximas edicións dos obradoiros”, engade.