O Conservatorio de Música de Viveiro oferta cursos gratuítos en maio

AMariñaXa
Viveiro, en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades.
conservatorio musica viveiro
conservatorio musica viveiro
22 abr 2022

O Concello de Viveiro,  en colaboración co Conservatorio Profesional de Música, oferta durante o mes de maio cursos gratuítos de diferentes especialidades. A iniciativa busca facilitar un primeiro achegamento á musica aos mais pequenos, coa fin de fomentar neles o gusto por esta arte, que tanto arraigo ten no Concello de Viveiro.

Impartirase un curso de Iniciación Musical, dirixido a nenos nados no ano 2015, baseándose na idea de aprender xogando. 

Tamén se impartirá un curso de iniciación ao instrumento de: Clarinete,  Frauta Travesa, Gaita, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba e Violonchelo.  O curso está dirixido a nenos de entre 8 e 14 anos e supón un primeiro contacto con estas especialidades instrumentais para nenos sen coñecementos musicais.

O prazo de matrícula estará aberto entre o 25 ata o 28 de abril e as prazas son limitadas. A inscrición realizarase na secretaría do Conservatorio de Música con cita previa, podendo obtela chamando ao teléfono 982 560 486 en horario de oficina, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.