Skip to main content
BarallaO Corgo

A I carreira Correndo pola Vía Künig terá lugar o 9 de xullo

Por 14 Abril, 2022Sin comentarios

Os Concellos de Baralla e O Corgo e a Asociación Cultural Vía Künig organizan a I Carreira Correndo pola Vía Künig.

A proba organizarase o próximo sábado 9 de xullo, con saída dende a Casa do Concello de Baralla e meta no Castro de Castrillón do Concello de O Corgo. O circuíto será de 18 km sobre pistas de terra na súa maioría, e estará controlado por vehículos da organización.

A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servizo de autobuses para trasladar aos deportistas dende a meta no Castro de Castrillón do Corgo ata á saída na Casa do Concello de Baralla tanto antes do comezo da carreira coma ao finalizar a mesma.

O servizo de autobuses comezará ás 16.30 horas, sendo o último servizo ás 17.15 horas.

A inscrición pode realizarse ata o martes 5 de xullo ás 23.59 horas a través da páxina web www.carreirasgalegas.com.

Os dorsáis retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba pola tarde na zona da saída no Concello de Baralla, ata 30’ antes da saída da proba.

PREMIOS
Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta recibirán un trofeo. Haberá un premio en metálico de 150 euros para o primeiro clasificado, de 100 euros para o segundo clasificado e de 75 euros para o terceiro.

Ademais, tamén se fará entrega dun trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller empadroados nos Concellos do Corgo e de Baralla.

A cerimonia de entrega de premios será ás 19.45 horas na zona da meta.