Skip to main content
Axenda Caducada

Convocan o roteiro para facer un novo treito polo Camiño Real

Por 3 Maio, 2022Maio 21st, 2022Sin comentarios

O día 21 de maio terá lugar un novo roteiro para a revitalización do Camiño do Nordés, unha ruta de peregrinaxe a Compostela entre Viveiro e Vilalba na que traballan a Asociación Camiño Real e a de Roteiros da Carba.

A ruta, de 17 quilómetros, terá lugar a partir das 9.00 horas entre Ourol e Muras pasando por Sabucedo e a Gañidoira e seguindo ata Muras, onde haberá un xantar no Restaurante Santi para repoñer forzas.

Os interesados en participar poden sumarse facelo a través das asociacións organizadoras, Camiño Real e Roteiros da Carba, así como dos concellos de Muras e de Xermade.