Skip to main content
Axenda Caducada

Os Viqueiras tocarán este sábado na Casa-Museo Manuel María

Por 4 Maio, 2022Maio 7th, 2022Sin comentarios

O grupo de música tradicional, Os Viqueiras, estarán este sábado, ao serán, na Casa-Museo Manuel María para interpretar o seu repertorio, moito del cantado, cheo da esencia máis pura mais arranxado co seu toque persoal.
Os Viqueiras adaptan harmonías e empregan ritmos e percusión cun vocabulario máis amplo, proxectando nos seus concertos moita forza, alegría e ganas de bailar (https://www.youtube.com/watch?v=GphYQzTlpOg).

Manuel Viqueira (gaita), Serxo Núñez (gaita e clarinete), Alberte Núñez (acordeón), Beni Frecha e José Antonio Vázquez (percusión) son os compoñentes deste grupo que estarán ás 20 horas, o sábado 7 de maio, en Outeiro de Rei. É necesario reservar (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.