Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

O Iescha proxecta o próximo domingo o documental A Poeta Analfabeta

Por 8 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coas proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX Premios Mestre Mateo (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, tócalle o turno a outro documental, A poeta analfabeta, dirixido por Sonia Méndez.

A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 15 de maio de 2022, ás 20:00 horas.

Recolle esta peza o retrato dunha muller fascinante: Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que voltou pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testimonio vivo das realidades máis duras so século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa.