Skip to main content
Axenda Caducada

Organizan unha festa da lingua este domingo en Friol

Por 12 Maio, 2022Maio 14th, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Friol organiza un acto público festivo baixo o título Camiños de Lingua e Natureza. Será este sábado, 14 de maio, a partir das 19 horas, no parque Félix Rodríguez de la Fuente de Friol.

Con motivo da celebración das Letras Galegas e a homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, o BNG en Friol desenvolve este acto aberto para falar, ler, recitar ou interpretar, e así, difundir o noso idioma. Ao que tamén, haberá intervencións musicais a cargo de Mini Rivas e os Airiños do Fiouco.

Ademais, este acto festivo será un encontro para debater e reflexionar sobre o medio ambiente e a sostibilidade da Terra, polo que intervirá o grupo de xente moza do movemento Fridays for Future en Friol, para expresar as súas iniciativas pola natureza e o freo do quecemento global e o cambio climático na localidade.

Por todo isto, o BNG en Friol anima á veciñanza como a todas aquelas persoas interesadas en participar e compartir impresións neste espazo colaborativo.