O Local Hipócrita acolle en Lugo 'Formigas no peto'

LugoXa
Hipócrita Teatro volve este sábado coa programación cultural no seu Local Hipócrita, coa peza teatral 'Formigas no Peto' de Ítaca Teatro.
Formigas no Peto   Itaca Teatro
Formigas no Peto Itaca Teatro
6 may 2022

O Local Hipócrita, de Hipócrita Teatro, continúa coa súa programación cultural que ten lugar o primeiro e último sábado de cada mes. Este sábado ás 20 horas, de novo, unha actuación teatral encherá de arte este local, a cargo de Ítala Teatro.

A obra, Formigas no peto, protagonizada, unicamente, por Carlos Rebolo, mestura narración oral, teatro de imaxes e teatro de actor.

O espectador mergullarase na infancia a través da memoria do protagonista. Unha memoria que, en parte, podería ser a de calquera, porque nela danse a man o individual e o colectivo “o que nos fai únicos e o que nos vencella cos demáis”.

As entradas poden adquirirse, dende unha hora antes do espectáculo, na rúa Doutor Gasalla, 18.