Skip to main content
A Pobra do Brollón

‘A Poeta Analfabeta’ cambia de día en A Pobra de Brollón

Por 23 Maio, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O filme A poeta analfabeta, sobre a escritora e activista Luz Fandiño, proxectarase finalmente o xoves 2 de xuño  a partires das 20.15 horas na Casa da Cultura Olga Novo de A Pobra de Brollón dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación.

A proxección estaba prevista nun principio para este venres día 27 de maio pero por cuestións loxísticas tivo que ser adiado e finalmente A poeta analfabeta poderá disfrutarse en A Pobra de Brollón o xoves 2 de xuño.

A POETA ANALFABETA

O documental, dirixido por Sonia Méndez e producido por Nati Juncal Portas, percorre a vida da poeta e activista Luz Fandiño, desde o seu nacemento en Santiago de Compostela en 1931, ata o seu retorno á cidade en 1979, onde reside, despois de vivir a experiencia da emigración en Arxentina e Francia. Foi en Bos Aires onde empezou a ler e escribir en galego. Autora dos poemarios Farangulliña de neve (1998), O pracer de envellecer (2014), e Espiñas e pensamentos (2016) a escritora é unha referente para as xeracións máis novas pola súa actitude rebelde e combativa.

A película foi estreada na 35 edición de Cineuropa e proxectada na 16ª edición de la Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). Tamén resultou finalista na categoría de Mellor documental nos XX Mestre Mateo.